xoves, 20 de novembro de 2014

CEAPA entrega os premios do XIV Concurso de Experiencias Educativas impulsadas polas AMPAS e do IV Certame de Fotografía

Queremos felicitar aos gañadores e a todas ás ANPA que participaron, todas ás vosas iniciativas son moi boas pero só unhas poucas poden gañar.
Moito ánimo, que en nada hai outra convocatoria.
O obxectivo deste concurso é dar a coñecer os proxectos educativos que levan a cabo as AMPAs nos centros educativos, fomentando así o intercambio de ideas e experiencias entre as asociacións de pais e nais.
Nun acto celebrado en Madrid o 8 de novembro, CEAPA entregou os premios do XIV Concurso de Experiencias Educativas impulsadas polas AMPAS e do IV Certame de Fotografía. Membros de asociacións de pais e nais de Sevilla, Cádiz e Cantabria recolleron os primeiros premios por diferentes proxectos que promoven a calidade da educación nos seus centros. Tamén se concederon dous premios extraordinarios e fixéronse catro mencións especiais. As AMPAS galardoadas expuxeron os seus proxectos ante outros representantes de pais e nais da escola pública de diferentes territorios.
O obxectivo deste concurso é promover o intercambio de experiencias entre as asociacións de pais e nais, e dar a coñecer ás Administracións Públicas e á sociedade os proxectos que estas impulsan nos centros educativos públicos, de xeito voluntario e desinteresada. Estes programas promoven a implicación e participación de toda a comunidade educativa, preveñen condutas de risco entre o alumnado, e traballan valores como a convivencia, a solidariedade, a responsabilidade, a igualdade de xénero, o respecto ao medio e a interculturalidad. https://www.ceapa.es/content/ceapa-...

Ningún comentario:

Publicar un comentario