Todos os sectores, en todos os niveis educativos, en todo o Estado. O 9 de maio unha folga xeral no ensino protestará contra o anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, a Lei Wert. Trátase dunha convocatoria cun carácter "histórico", segundo os seus organizadores, pois é a primeira vez que profesorado, estudantado e familias levarán a cabo unha folga conxunta. O paro estará precedido por un calendario de accións informativas peches e protestas que en Galicia comezará na última semana de abril.
O Sindicato de Estudantes destacou pola súa banda que "esta é unha folga histórica" pero que non vai ser o "final do camiño" e denunciou "a campaña de criminalización de todos os movementos de protesta por parte do Goberno". CC.OO. e UGT alertaron do "proceso de desmantelamento" no que se atopa o ensino público" e dos perigos de involución "a épocas pasadas" e das progresivas privaticación de servizos e do sistema educativo no seu conxunto.
Trátase dunha convocatoria cun carácter "histórico", segundo os seus organizadores, pois é a primeira vez que profesorado, estudantado e familias levarán a cabo unha folga conxuntaRepresentantes de CCOO-Ensino, FETE-UGT, CONFAPA, e Sindicato de Estudantes ofreceron unha rolda de prensa este xoves en Compostela para detallar as razóns que levan a Plataforma en Defensa do Ensino Público a convocar este paro. Reiteraron as críticas a esta norma e á política educativa dos gobernos do PP en España e en Galicia: recortes, reválidas, a nova FP, os itinerarios educativos, a asignatura de relixión ou a falta de participación da comunidade educativa nos centros. E fixeron fincapé nas novas medidas anunciadas pola Xunta para os comedores nos centros de ensino. Alertaron, por exemplo, que ao incremento dun 40% no prezo dos menús pode seguir un aumento semellante no custe do transporte escolar. E que xa hai moitas familias "con serias dificultades económicas" que están retirando os seus fillos doutras actividades para poder pagar o servizo de comedor.
"Pedimos consensos, non pactos. Se queremos ser un país serio temos que facer unha Lei de Educación para o ano 2050, non para o 1950"Resultará especialmente importante a participación das nais e pais nesta folga, que sucede á que xa convocaran o pasado mes de outubro. Lois Uxío Taboada, secretario de Confapa, destacou que "esta lei ten un consenso histórico na súa contra", lembrando que só conta co apoio do PP, a patronal do ensino privado e a Conferencia Episcopal. Taboada reclamou a dimisión de Wert, a retirada da norma e a apertura dun novo proceso negociador para unha nova norma. "Pedimos consensos, non pactos. Se queremos ser un país serio temos que facer unha Lei de Educación para o ano 2050, non para o 1950", dixo. Lembrou o esforzo que para os pais e nais supón a participación nesta folga e explicou que "este é un golpe na mesa porque xa non podemos máis. Para gañar todos os días do futuro temos que paralizar todos os centros de ensino o 9 de maio".
O Sindicato de Estudantes destacou pola súa banda que "esta é unha folga histórica" pero que non vai ser o "final do camiño" e denunciou "a campaña de criminalización de todos os movementos de protesta por parte do Goberno". CC.OO. e UGT alertaron do "proceso de desmantelamento" no que se atopa o ensino público" e dos perigos de involución "a épocas pasadas" e das progresivas privaticación de servizos e do sistema educativo no seu conxunto.
Amosaron a súa disposición a realizar accións unitarias coa Plataforma Galega en Defensa do Ensino PúblicoPreguntados pola posibilidade de convocar conxuntamente accións de protesta coas organizacións que conforman a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e que leva uns días desenvolvendo o seu propio calendario de mobilizacións, os representantes de CCOO-Ensino, FETE-UGT, CONFAPA, e Sindicato de Estudantes amosaron a súa disposición a realizar accións unitarias e afirmaron que nas últimas semanas tentaron realizar un achegamento con este obxectivo aos colectivos que conforman a outra plataforma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario