As formacións políticas nacionalistas BNG e Compromiso por Galicia (CxG) avalan
a protesta desta tarde no colexio Xesús Golmar de Lalín organizada pola
plataforma Movemento Dezao polo Ensino Público. A parlamentaria Carme Adán
acudirá ás 18.00 horas ao encerro previsto no colexio, onde dará o seu parecer
sobre a reforma educativa. Mentres, Compromiso de Lalín apoia a protesta e
rexeita o "modelo neoliberal que se pretende impoñer, que fortalece o ensino
privado", ademais de atacar á lingua e cultura galegas.
O peche no Golmar dará comezo ás 17.00 horas e ás 18.30 o escritor e profesor Xabier Quiroga lerá un manifesto. Entre as 19.30 e as 21.30 será a asemblea da plataforma dezana en defensa do ensino público e de 21.30 a 23.00 proxectarase unha película. Xa na mañá do mércores ofrecerá información ás familias do centro e en torno ás dez da mañá finalizará o encerro contra a reforma educativa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario