|
O
Concello adicará o curso que ven 1,6 millóns de euros a bolsas de
comedor e libros, una cantidade que, segundo explicou, suple o recorte
de 200.000 euros acometido pola Xunta nesta materia. Durante a rolda de
prensa, lembrou que no presente curso escolar, son preto de 4.000
escolares os beneficiarios dunha bolsa de comedor municipal. |
O goberno local deu luz verde as bases reguladoras da concesión de
axudas municipais de libros, material escolar e comedor para centros
públicos e concertados de cara ao curso 2013/2014. Desde Benestar
Social, autorizouse un gasto de 992.000 euros -80.000 euros para libros e
912.000 euros para comedor-. A esta cantidade hai que sumar as achegas
da Concellería de Educación o que eleva a cifra 1,6 millóns de euros a
partida que o Concello adica a libros e bolsas de comedor, un 35% máis
que o ano pasado. En concreto, puntualizou, a partida para libros
duplicouse.
Durante a rolda de prensa, cifrou en preto de 4.000 os beneficiarios das
bolsas de comedor municipais durante o presente curso escolar, cun
investimento de 1,4 millones de euros. Este incremento, remarcou,
recolle os case 200.000 euros que a Xunta recortou en bolsas de comedor
en Vigo porque "mentres eu sexa alcalde non haberá un so tupper en
ningún colexio de Vigo".
Contenedores soterrados
A Xunta de Goberno local tamén adxudicación definitiva do servizo de
mantemento dos contenedores soterrados da cidade, cun aforro de 20.000
euros con respecto ao contrato anterior. O rexedor lembrou durante a súa
intervención que nestes momentos están en funcionamiento 222
contenedores.
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario