Onte o proxecto de decreto de comedores escolares foi rexeitado polo Consello Escolar de Galicia a causa da tramitación irregular do mesmo, segundo denuncia a emenda de FETE-UGT. A Consellería emitiu o ditame provisorio antes de presentalo ante a Mesa Sectorial Docente e introduciu modificacións no texto do proxecto de decreto con posterioridade. | |
Antes de que a comisión permanente emita un ditame sobre un proxecto de
decreto debe ser presentado aos órganos sectoriais educativos para o
seu coñecemento e avaliación. Pois ben, a Consellería actuou ao revés:
primeiro emitiu un ditame, logo presentou o texto á Mesa Sectorial
Docente e despois introduciu modificacións no texto do proxecto do
decreto. Pero non remataron aí as torpezas dos membros da administración. O Secretario Xeral Técnico provocou un debate surrealista ao impedir que se votasen conxuntamente as emendas que teñen un mesmo fin, como é costume inveterada na praxe do consello cando así o solicitan os emendantes. Así pois, o Secretario Xeral Técnico pretendeu que se votasen e debatesen unha por unha, co fin de rebater os diversos argumentos, as emendas presentadas polas organizacións sindicais FETE-UGT, CCOO e CIG; CONFAPA Galicia, Coordinadora Galega de MRPs e o Seminario de Estudos Galegos; todas elas confluentes no fondo do asunto: o rexeitamento a un proxecto de decreto que pretende cobrar o comedor ao alumnado transportado da escola pública, socavando así o dereito á educación como un servizo público, gratuíto e universal. Co que non contaba o representante da administración é que a primeira lle dera na fronte. A emenda, presentada por FETE-UGT, que solicitaba a devolución do texto do proxecto a causa das devanditas irregularidades de tramitación, foi aprobada por 17 votos a favor, 13 en contra e unha abstención. Este resultado amosa claramente o rexeitamento maioritario da comunidade educativa a este proxecto de decreto e tamén o desprezo que, unha e outra vez, amosa a consellería polos órganos consultivos, entorpecendo o seu correcto funcionamento. |
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
venres, 19 de abril de 2013
Unha emenda de FETE-UGT tomba o proxecto de Decreto de comedores escolares
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario