da Matanza, sede da Fundación Rosalía en Padrón e a exposición que se abre en Vigo, cidade de publicación da obra, para conmemorar o aniversario.
Sen embargo, é a edición ilustrada de Cantares Gallegos publicada por El Patito Editorial a que transmite unha pegada máis persoal e íntima. Un traballo creativo que revisita a obra de Rosalía e no que, segundo sinalou, ofrece unha segunda voz -di que con ela é "sobervia" dicir que se canta a dúo- aos textos da autora que se converteu en primeira figura da nosa historia literaria. Coa idea de “proxectar futuro” , Pepe Barro achéganos ao que define como “pequenos cartaces” a través de montaxes e imaxes que recrean o espíritu da poeta. “O que me fixo reaxer foi entender Cantares gallegos coma o libro que anuncia e ao tempo crea a Galicia contemporánea, o país que somos. Aí atopei a que agarrarme, con vontade de empregar unha linguax
e contemporánea no concepto e tamén na forma” comentou Barro a respecto da certa vertixe cando Genma Sesar e Fausto Isorna puxeron o proxecto nas súas mans.
Na memoria do agro
Relata que o primeiro impulso foi procurar unha edición de 1872 do
seu tio-bisavó que manexara de neno, e reparou tamén nos apeiros de
labranza de xeracións pasadas. Atoparía aí a materia coa que construir a
súa imaxe de Cantares Gallegos, na memoria do antigo mundo do
agro. Elementos identitarios que se tornan pezas da proposta persoal e
sentida do artista está a contribuír na construción dunha
nova imaxe de Rosalía. No video recóllese o proceso creativo de Pepe Barro á hora de elaborar a súa visión creativa de Cantares Gallegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario