A Mesa Galega de Educación no rural celebrará este venres unha nova
xuntanza en Lugo. Será no salón de actos da Casa Sindical, Ronda da
Muralla nº 58 ás sete da tarde.
Nas últimas semanas recolleu
achegas e propostas para compoñer un completo documento de propostas e
demandas dirixidas á Xunta, á que lle esixe un plan global para frear o
despoboamento destas zonas. O documento salienta que "fronte a
primacía do criterio económico curtopracista e miope, que afonda no
desequilibrio territorial", cómpre
primar os dereitos da
infancia "a recibir atención educativa no seu medio durante as primeiras
etapas, como forma de dignificar o mundo rural, clave para reverter o
proceso de abandono". Engade que é preciso que as nenas e nenos
"dende pequenos aprendan a recoñecer e valorar as características do
mundo rural no que viven". E conclúen que "non hai desenvolvemento rural
integral se non hai un cambio nas actitudes e nas aptitudes e para que
iso suceda a escola rural é unha peza fundamental".
Nas últimas semanas recolleu achegas e propostas para compoñer un
completo documento de propostas e demandas dirixidas á Xunta, á que lle
esixe un plan global para frear o despoboamento destas zonas
Entre as propostas está o freo da actual dinámica de peche de centros e
a reducción de unidades e o fornecemento ás escolas rurais dos medios
materiais e humanos necesarios.
Demándase igualmente "dar
prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais", o mantemento da
gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o
transporte escolar e a extensión do transporte gratuíto a BAC e FP nos IES de zonas rurais. Tamén se pide
a recuperación do programa Preescolar Na Casa, "asumindo a Consellería de educación o seu custe".
Demándase igualmente "dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros
rurais", o mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel
alumnado que use o transporte escolar
No documento tamén figura
o recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural e a "apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ao mundo labrego,
mediante saídas ou outras actividades, fronte a curriculos oficiais
que, dende unha mentalidade urbana, menosprezan e silencian a realidade
rural ou a tratan como unha reliquia etnográfica do pasado". Quérese
portenciar tamén a participación activa das familias na escola, a través
do Consello Escolar.
As propostas
No documento tamén figura o recoñecemento da valía pedagóxica da
escola rural e a "apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente
ao mundo labrego"
-
Un plan coordinado das distintas consellerías para frear e reverter o proceso de despoboamento do rural,
fomentando as actividades económicas que fixen poboación de forma
estable aproveitando os recursos da Terra sen destruílos; así como
garantindo a oferta de servizos públicos á poboación rural (ensino,
sanidade, atención as persoas dependentes, transporte, etc.).
-
Dentro del, un plan específico educativo axeitado ó medio rural, elaborado coa participación da comunidade educativa
(federacións de ANPAs , sindicatos docentes, movementos de renovación
pedagóxica) que responda as necesidades reais e actuais do mundo rural,
dentro dun marco de desenvolvemento global e dun tratamento de
discriminación positiva.
-
Reformular por parte da Administración educativa a atención á etapa 0-6, integrando no sistema educativo o ciclo 0-3, recuperando o programa Preescolar Na Casa, asumindo a Consellería de educación o seu custe.
-
Elaborar, a nivel de Galiza, unha rede educativa comarcal, que inclúa para cada comarca todas as necesidades educativas dende cero anos ata adultos.
-
Fornecer ás escolas rurais dos medios materiais e humanos
que precisan para unha educación de calidade, incluíndo tódolos
especialistas de infantil e primaria, así como o persoal de apoio
necesario para realizar os desdobres pertinentes, atendendo ás demandas
da comunidade educativa de cada centro.
-
Recoñecer os debidos dereitos laborais ó profesorado e regularizar as condicións de transporte aos itinerantes.
-
Mantemento das unitarias existentes, conservando o alumnado de 1º
ciclo de primaria cando fose necesario para manterse, dentro dunha
organización de Centro rural Agrupado (CRA), con toda a dotación de
profesorado e recursos que isto supón.
-
Acelerar a extensión dunha rede de CRA.
-
Frear o peche de centros e a reducción de unidades,
co conseguinte desprazamento dos alumnos ás concentracións escolares ou
ós centros educativos das vilas e cidades cercanas, polo que implica de
desarraigo do alumnado do seu entorno e infravaloración da sociedade e
da cultura rural.
-
Recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural, como pioneira de avances pedagóxicos na renovación dos sistemas educativos.
-
A elaboración dun plan de formación específica, obrigatorio e
continuado, para o profesorado do medio rural, coordinado polos CEFORES
coa participación dos movementos de renovación pedagóxica; posibilidade
que o devandito plan se inclúa no futuro nas escolas de maxisterio.
-
Consideración de escola rural, non só ás poucas unitarias que
perviven, senón ós CEIP, CPI e IES con alumnado maioritariamente
procedente do medio rural.
-
Dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais.
-
Mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar.
-
Recuperación do programa de prestamo dos libros de texto.
-
Apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ó mundo labrego,
mediante saídas ou outras actividades, fronte a curriculos oficiais
que, dende unha mentalidade urbana, menosprezan e silencian a realidade
rural ou a tratan como unha reliquia etnográfica do pasado.
-
Potenciación da participación activa das familias na escola,
a través do Consello Escolar, as actividades extraescolares ou a forma
que a comunidade escolar determine oportuna, entendendo como fundamental
que a cultura familiar e veciñal estea presente na escola, sendo
valorada e respectada, como forma de potenciar a autoestima do alumnado e
dende esa autoestima poida abrirse a outras culturas.
-
Estas dúas últimas medidas deberían estar recollidas no plan educativo
de centro e desenvolvidas transversalmente, facendo seguemento delas a
comisión de coordinación pedagóxica.
-
Extensión do transporte gratuíto a BAC e FP nos IES de zonas rurais.
-
Adecuación da oferta formativa en BAC e FP á realidade do entorno rural dos centros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario