A portavoz de agricultura do BNG, Tereixa Paz criticou hoxe que a
conselleira de Medio Rural non anunciara ningún compromiso económico ou
social na súa comparecencia para explicar os obxectivos e liñas de
actuacións do seu departamento. |
|
Paz lembrou que durante o Goberno bipartito os concellos non recibían
axudas para financiar pistas de padel como pretende facer o Partido
popular para vendelo despois como elementos dinamizadores no medio
rural. Non sabemos se as clases de padel serán pagadas no rural galego como fixo o concello de Madrid con Aznar ironizou a nacionalista. Proxectos empresariais ruinosos A parlamentaria cualificou de mofa e befa a comparecencia de Rosa Quintana por non abordar en profundidade e con medidas para solucionar o problema do proxecto empresarial Alimentos Lácteos. Sobre esta cuestión, engadiu que a Xunta aínda non explicou as axudas entregadas a través de diversas vías a un proxecto empresarial que nin sequera abonou as cantidades adebedadas aos provedores. Sector pesqueiro galego castigado A deputada explicou que o período entre os anos 2011-2012 resultou moi negativo para a pesca extractiva pola redución de topes de captura e o incremento do combustible ao que engadiu problemas derivados dunha orde da consellería publicada no ano 2011 pola que se establece que as mariscadoras que queiran renovar os permisos están obrigadas a realizar labores de vixiancia contra o furtivismo nas praias e bancos marisqueiros . Paz asegurou que as continúas inspeccións, o carné por puntos a vixiancia do diario de abordo e os topes de capturas fixados polo Goberno español e a Unión Europea, son medidas que están a prexudicar gravemente ao sector pesqueiro. Para a deputada o sector da conserva tamén está a ser castigado a través da deslocalización e perda de mercados pola falta de identificación da orixe dos produtos aplicada pola doutrina do Partido popular e a Sr. Fraga en Europa. Para o 2013 dixo, a cousa non mellorará se non hai un cambio de rumbo nas políticas do Goberno galego. Paz concluíu afirmando que a acuicultura terrestre non é a solución aos problemas da pesca galega, acuicultura para xerar riqueza e emprego para quén? preguntou a nacionalista e rematou denunciando o retraso das eleccións nas confrarías que superan os mandatos e son froito de grande conflitividade. |
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 10 de abril de 2013
A deputada do BNG afirmou que no medio rural son necesarias máis galescolas, centros de día e residenciais e non propostas de pistas de padel
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario