A Xunta anunciou hai unhas semanas un incremento do 40% no prezo dos comedores escolares,
que para o vindeiro curso pode acadar os 4,50 euros por menú. A
Consellaría de Educación tamén modificou as regras que determinaban as
exencións no pago, que facían que até agora fosen de balde para o 91,82%
do alumnado e polas que agora terá que pagar o 43,26%, segundo cálculos
do propio Goberno galego.
A Consellería de Educación estalles achegando aos centros escolares de
educación primaria 2,08 euros por neno e día para gastos de comedor
Compromiso por Galicia cualifica de “estafa” este incremento dos prezos
pois segundo a información da que dispón a formación, no actual curso
escolar
a Consellería de Educación estalles achegando aos
centros escolares de educación primaria 2,08 euros por neno e día para
gastos de comedor, cos que ten cubrir non só o custe de todos
os ingredientes necesarios para elaborar os menús, senón tamén os
productos de limpeza necesarios na cociña e no comedor, a reposición do
“menaxe” e a gratificación que reciben os encargados de xestionar os
comedores.
Neste senso, para Xosé Manuel Pérez Bouza resulta
“intolerable” que a Xunta de Galicia a partir do próximo curso escolar
pretenda cobrarlle aos pais e ás nais do alumnado polo menú que se lle
sirva aos nenos e ás nenas nos comedores dos centros públicos, “máis do
dobre do seu custe efectivo”.
"O que pretende Feijóo" é "encher a caixa da Xunta, para destinar eses
cartos a seguir aumentando ou apoiando ao ensino privado”
Para Compromiso os cartos que se recauden "non van ir para crear máis
prazas de comedor nos centros de ensino público, tal como afirmou o
Conselleiro Jesús Vázquez", senón que "o que pretende Feijóo" é "encher a
caixa da Xunta, para destinar eses cartos a seguir aumentando ou
apoiando ao ensino privado”, argumenta Pérez Bouza. O líder galeguista
engade que esta medida supón “un roubo e unha estafa para as familias”, e
vai contribuir a incrementar o despoboamento do rural, xa que o servizo de comedor non era custe engadido.
CxG non descarta levar ante os tribunais este decreto
Compromiso sinala que o decreto que ten pensado aprobar a Xunta supón
“un repago dun servizo que xa se paga vía impostos e que a partir do
curso que ven pagarán novamente por medio dunha taxa, absolutamente
abusiva e que supón un roubo e unha estafa para as familias de clase
media-baixa”.
CxG non descarta levar ante os tribunais este decreto, por considerar que ningunha Administración pode cobrar por un servizo máis do seu custe efectivo. Hai unhas semanas o PSdeG
anunciou que levará ao Tribunal Constitucional o novo sistema que amplía o copago nos comedores escolares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario