Ao igual que xa fixeran o pasado ano, a Plataforma en defensa do ensino público volverá pecharse nos centros para exixir a retirada da LOMCE e reaxer aos recortes recollidos nos Orzamentos para 2013. Porén, algún dos emprazamentos elixidos pola Plataforma para desenvolver as 24 horas de peche son centros que a Xunta de Galiza prevé suprimir no ensino medio, como o lugués IES das Mercedes que será convertido nun centro de Formación Profesional após eliminar os cursos de ESO e Bacharelato.
A campaña durará até o vindeiro 26 de abril.
DATAS E LUGARES DOS PECHES
- 10 de abril: A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)
- 11 de abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
- 11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)
- 12 de abril A GUARDA (IES A Sangriña)
- 15 abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
- 15 abril CANGAS (IES Rodeira)
- 16 de abril LALIN (CEIP Xesus Golmar)
- 17 abril LUGO (IES As Mercedes)
- 18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
- 22 abril BURELA (IES Monte Castelo)
- 22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
- 23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)
- 24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)
- 24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
- 25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
- 26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)
Ningún comentario:
Publicar un comentario