Publicamos a seguir un artigo da autoría de Paul Robert que viu a luz en L´école démocratique. A tradución para o galego é de Xoán Costa. Sermos Galiza enceta con esta achega sobre a calidade do ensino finlandés unha nova sección de traducións para a nosa lingua de textos que achamos de grande interese.
O interese por Finlandia no campo da educación está motivado, sen dúbida, polos seus excelentes resultados en avaliacións internacionais, especialmente a máis coñecida delas, PISA. Esta excelencia, confirmada cada nova sesión, leva, obviamente, a tentar procurar as causas dun éxito tan constante.Mais, antes de profundar sobre as causas do éxito finlandés, reparemos, por un momento, sobre algúns aspectos moi interesantes deste éxito, postos en evidencia por PISA. Porque a Finlandia non se contenta con subir ao podio con regularidade. PISA mostra tamén que o país parece ter atopado solucións a difíceis cuestións educativas para as que moitos países desenvolvidos, incluíndo a Franza, fracasaron até agora á hora de aportar respostas satisfactorias.
-Como reducir o fracaso escolar?
-Como loitar contra o determinismo económico na educación?
-Como ao mesmo tempo, asegurar a creación dunha elite escolar forte e numerosa?
-Como ter éxito en todo iso sen romper o orzamento para a educación?
Estas cuestións que atravesan permanentemente o debate sobre educación na Franza, parecen, de acordo cos indicadores máis específicos entregados cada tres anos por PISA, ter encontrado na Finlandia respostas á vez sólidas e estábeis. Cales son as claves para este éxito incríbel?
Finlandia dá respostas a cuestións vitais: como reducir o fracaso escolar, como loitar contra o determinismo económico no ensinoA meu ver, e en primeiro lugar, unha concepción da educación que se interesa pola crianza (e non só pol@ alumn@) na súa globalidade e que @ coloca no centro do sistema.
Na Finlandia, a idea de que pode haber conflito entre o desenvolvemento d@ nen@ e a adquisición de coñecemento parece unha incongruencia De feito, como non entender que un neno feliz, realizado, que lle gusta ir á escola porque se encontra nun ambiente seguro, familiar, cómodo e harmonioso, onde el sabe que os profesores están aí para o axudar a progresar, independentemente das súas dificultades? Como non entender que este neno ten a oportunidade de adquirir máis facilmente os coñecementos que lle son propostos? Todo está pensado para facer que @ nen@ se sinta na escola como na casa, e todo está feito tamén para que teña a sensación de que é capaz de avanzar ao seu propio ritmo.
Escoitemos unha nai finlandesa sobre iso:
"É o sistema de ensino o que debe adaptarse ao ritmo do neno, e non o contrario. Se o neno non está bioloxicamente preparado para aprender xeometría ou gramática, non importa... imos esperar até que estea listo. '
Para isto a entrada nas habilidades básicas é moi gradual (a escola é obrigatoria a partir de 7 anos) e deixa o seu lugar ao xogo. Isto forma parte da experiencia profesional do profesorado para saber guiar suavemente as crianzas para a aprendizaxe desde os xogos.
Nunha escola de 200 a 300 alumnos, dous profesores de educación especial están totalmente descargados das clases e están só para atender os problemas e as necesidades das crianzasNesta fase “pre-escolar” é tamén onde se observa o neno e onde se detectan eventuais dificultades cognitivas ás que se lle vai pór remedio o máis axiña posíbel. A partir de aí, e até o final do ensino fundamental, esa atención específica dada a cada alumn@ non cesará.
Non hai misterio: a Finlandia logrou reducir significativamente o fracaso escolar, porque aplica en todas as escolas medidas de apoio e prevención eficaces. Para unha escola de 200 a 300 alumnos, dous profesores de educación especial están totalmente descargados de clases, e reciben, a petición de compañeiros, os alumnos que necesitan de asistencia especial nun asunto en particular, e durante todo o curso.
Se Finlandia é capaz de limitar os efectos de determinismo socioeconómico no campo da educación, é tamén porque os reformadores educativos na década de 70 actuaron guiados pola vontade de alcanzar as condicións dunha verdadeira equidade. Cousa que era un reto nun país cun hábitat moi disperso, aínda fortemente rural, onde as desigualdades territoriais eran moi importantes, e onde, ademais, non había homoxeneidade lingüística.
Nun país con 3 linguas oficiais, permítese que calquera alumno poda realizar toda a escolarización na súa lingua nativaO principio de igualdade de acceso á educación de calidade para todos, independentemente da situación, as diferenzas de lingua, orixe social ou sexo, unha vez establecido polos reformadores, non foi xamais posto en cuestión. Isto resultou na creación dunha escola primaria obrigatoria idéntica para todos entre os 7 e os a 16 anos e totalmente gratuíta. Non foi fácil, porque, cabe lembrar, o sistema finlandés era tan desigual, elitista e selectivo, como o son o francés ou o alemán!
Suxiro que concretemos un pouco máis o que supón este principio de equidade.
Nun país con tres linguas oficiais, isto significa permitir que calquera alumno poda realizar toda a escolarización na súa lingua nativa. Nun país onde o hábitat está moi disperso, isto significa ofrecer unha escola de calidade, mesmo nas áreas máis remotas das profundidades da Laponia. E de balde.
Entre nós o acceso á escola é gratuíto, por suposto, mais as familias contribúen, polo menos, co 10% do total de gastos educativos. Na Finlandia, a gratuidade é total: as familias non pagan as comidas, nin o transporte nin os os libros ou material escolar.
Finalmente, o terceiro elemento clave do éxito do sistema educativo finlandés: os profesores.
Os reformadores finlandeses entenderon que non se podería conseguir nada sen os profesores. E incorporáronos á elaboración da reforma desde o principio. Lembremos que esta fase de desenvolvemento durou catro anos (1968 a 1972) e foi entón aplicado de forma gradual a partir das provincias máis remotas.
Na Finlandia a gratuidade é total: as familias non pagan as comidas, nin o transporte nin os libros ou material escolarElevar o nivel de formación do profesorado xurdiu axiña como unha prioridade fundamental para o éxito da reforma. Agrupar todo o alumnado nun mesmo currículo básico puxo sobre a mesa o problema formidable de heteroxeneidade. Como ensinar e que ensinar a alumnado tan diferente?
A resposta foi de natureza programática, certamente, pero foi sobre todo de carácter pedagóxico. A formación do profesorado foi totalmente redeseñada para atender este novo reto. Nos Máster en educación, esixidos dende 1979 a todo o profesorado, unha parte significativa foi reservada ao coñecemento de psicoloxía e desenvolvemento cognitivo do neno, as teorías de aprendizaxe e pedagoxía. Esta aprendizaxe baséase na practica progresiva supervisada por profesores expertos, a través de escolas de prácticas presente en todos os campus con facultades de pedagoxía. Dotados dunha sólida bagaxe teórica e práctica, estes profesores serán consideradas especialistas nos que se pode confiar. E, polo tanto, non hai necesidade de os inspeccionar.
O que é impresionante cando se mira realmente sobre o sistema educativo finlandés é a forza da súa base conceptual, a súa grande consistencia e adhesión de todos os seus actores e do conxunto da poboación aos principios que o inspiran.
Tamén a forma progresiva con que foi construído, buscando sempre todos os consensos arredor dos valores importantes. Finlandia, para mudar a súa escola, actuou con tranquilidade e calma. A lección máis valiosa que a Finlandia pode dar na educación é a arte consumada de reforma! Isto é o que mostrou, como ben di o manifesto do colectivo Escola: mudar de rumbo, grupo en que participo, que "as transformacións profundas do ensino son unha utopía realizábel”.
Nos Máster en educación unha parte significativa foi reservada ao coñecemento de psicoloxía e desenvolvemento cognitivo da crianza, as teorías de aprendizaxe e pedagoxíaParéceme que a primeira condición para alcanzar o cambio da escola é construír un consenso en torno a obxectivos claros, ambiciosos e de longo prazo. A continuación, implicando na fase inicial de cada reforma todos os interesados. Finalmente adoptar un ritmo de cambio desconectado do tempo político curto.
Nestas condicións, o que se fixo en Finlandia pode ser feito noutras partes, tendo en conta as especificidades de cada país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario