Abril será un mes de peches nos centros de ensino e outras accións de
protesta ante o proxecto de reforma educativa e os recortes no
financiamento. O primeiro dos peches, como xa a anunciara a pasada semana a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público,
terá lugar este martes no IES Rosalía de Castro de Santiago de
Compostela. O peche comezará ás cinco da tarde e concluirá ás dez da
mañá do mércores. A esta acción seguirán novos peches esta semana na
Coruña, Carballo, Ferrol e A Guarda.
A Plataforma considera a LOMCE como unha lei "reaccionaria,
españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica,
antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades
e que expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da
sociedade". A Plataforma tamén convocou unha concentración para
o 17 de abril en Santiago de Compostela coincidindo co debate do
decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, ás 16:45 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario