O STEG únese
á convocatoria de folga en todos os niveis do ensino que terá lugar o 9 de maio e
na que por vez primeira participarán todos os integrantes da comunidade
educativa: profesorado, alumnado e pais e nais. A protesta procura ser
unha defensa do ensino publico e rexeitamento frontal do anteproxecto de
reforma educativa que prepara o Goberno central e o Ministerio
encabezado por José Ignacio Wert a través da Ley Orgánica para la Mejora
de la Calidad Educativa (LOMCE). Para o sindicato,
esta lei
contempla "unha auténtica contrarreforma educativa que implantará unha
educación segregadora, elitista, adoutrinadora, clasista,
recentralizadora, e que ten como obxectivo un sistema educativo máis
propio do franquismo que dunha sociedade moderna".
Para o sindicato, esta lei contempla "unha auténtica contrarreforma
educativa que implantará unha educación segregadora, elitista,
adoutrinadora, clasista, recentralizadora"
Para o STEG "o ministro Wert proponse pór en marcha unha autentica
contrarreforma educativa que, por unha banda, suporá a lexitimación
dunha política de recortes e, por outro, a reinstauración dun modelo
ideolóxico de escola sesgado, clasista e segregador. Menos profesorado,
máis adoutrinamento ideolóxico e máis segregación do alumnado son as
claves da reforma educativa que se propón levar adiante o ministro de
Educación". Denuncia que "a contrarreforma se propón recortar as
competencias das comunidades autónomas en materia educativa ao aumentar a
porcentaxe dos contidos mínimos que fixa o Estado en todos os tramos
educativos" e que
"este deseño centralizador vai na liña
recentralitzadora do Estado que promoven certos grupos da dereita,
tomando como escusa a crise económica".
Conclúe que "con esta lei o sistema educativo ponse ao servizo das necesidades da empresa"
Conclúe que "con esta lei o sistema educativo ponse ao servizo das necesidades da empresa ao
promover a segregación temperá do alumnado coa introdución de
itinerarios en función do seu rendemento académico, e non das
necesidades do alumnado como persoa e como cidadán". E engade que
"a lexitimación das subvencións públicas a escolas privadas que segregan
en función do sexo, ou que realizan calquera tipo de selección do
alumnado por sexo, etnia, renda, ou rendemento escolar, é outro claro
exemplo do elitismo e clasismo que impera nesta lei".
Ningún comentario:
Publicar un comentario