O presidente desta asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, sinala que esta práctica, frecuente nos gobernos de Fraga, se mantén hoxe en distintas administracións vinculadas á formación, ora de maneira "sibilina" ora directamente.
Con estas orellas que agora mesmo levo postas ouvin por parte de varios dirixentes do PP e en diferentes gobernos a proposta deque darían diñeiro á Mesa a condición de que modificaramos a nosa actitude combativa, que nos domesticaramos".Así de taxativo pronunciouse esta quinta feira o presidente desta asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, deixando claro que unha práctica que foi moi frecuente durante os gobernos de Fraga se mantén aínda hoxe.
De maneira "sibilina" ou directamente, tanto a Xunta como gobernos municipais en mans da formación conservadora teñen advertido de que un talante máis manso "abriría moitas portas" á hora de recibir axudas e subvencións. Así as cousas, aínda en 2012 cando A Mesa solicitou unha entrevista con Política Lingüística e a resposta foi reveladora: "para que queredes unha entrevista se non vos imos dar nada?"
Entre os concellos que seguiron esta mesma liña cómpre recordar a actitude mantida polo goberno municipal de Compostela, daquela en mans de Gerardo Conde Roa, que non concedeu nin un céntimo ao Correlingua ao se negar o colectivo a censurar o manifesto redactado por estudantes e que Galicia Bilingüe denunciou como "adoutrinador" por conter frases como 'Buscamos que as fronteiras da Galiza as poña o idioma'.
Se durante o goberno de Fraga "chegaron a pór diñeiro riba da mesa", as negociacións para manter calada á Mesa que emprende o Executivo de Feijóo son algo máis discretas, sinalando que a "persistencia" na convocatoria de manifestacións contra a política lingüística e a reclamación da demisión de conselleir@s "pecha moitas portas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario