O Movemento Dezao polo Ensino Público continuará os seus actos reivindicativos
Lalín acollerá o 9 de maio unha concentración, con motivo da folga de profesores
e docentes contra a Lomce. O Movemento Dezao polo Ensino Público celebrou
antonte pola noite unha asemblea, durante o peche no colexio Xesús Golmar, no
que se deu a coñecer esta protesta na cabeceira comarcal, similar á que se
organizarán noutras vilas galegas, mentres que nas sete grandes cidades se
realizarán manifestacións contra a coñecida como Lei Wert. A folga que promove
CIG-Ensino conta co apoio dos demais sindicatos así como das Anpas.
Ademais, o Movemento Dezao continuará co seu calendario de charlas e actos reivindicativos a favor da igualdade de oportunidades no ensino público. Onte, para culminar o programa do encerro no Xesús Golmar, unha decena de voluntarios repartiron panfletos aos pais que acompañaban aos seus fillos ata o centro. Un dos membros deste colectivo, o pedagogo Xosé Nogueira, sinala que a situación educativa, en caso de que a lei saia adiante "vai ser sangrante, sobre todo para os nenos máis novos". E é que a nova norma establece itinerarios xa a partir dos 14 anos (na actualidade, o alumno escolle que quere estudar aos 16). Ademais, os estudantes terán que superar reválidas para obter tanto o título de ESO como o de Bacharelato. Aumentan as ratios de alumnos por clase e permítense, ademais, segregacións por sexo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario