A organización realizou en Vigo a súa II Asemblea Nacional baixo o lema
'Estudar, loitar, poder popular'. A debate, a autoorganización do
estudantado, a reivindicación e defensa do ensino público e galego nun
marco de plena ofensiva neoliberal e centralizadora, ou como avanzar na
unidade do movemento estudantil nacionalista.
Vigo foi a praza escollida pola Liga Estudantil Galega para realizar a
súa II Asemblea Nacional, tomando así a cidade olívica o relevo de
Compostela (asemblea nacional constituínte, 2011) e Lugo (I AN, 2012).
Baixo o lema 'Estudar, loitar, poder popular', a militancia da
organización debateu e analizou a tese de organización e a tese
política.
Nos textos púlase pola revitalización do movemento estudantil e a
aposta pola autoorganziación do estudantado galego,mesmo abordando a
división no movemento estudantil nacionalista, división da que din que
“é evidente que é unha pexa”.
Na tese, a Liga avoga por “batermos xuntos, aínda que camiñemos por
separado, é un punto de inicio” para ir avanzando de cara a unha posíbel
unidade do movemento nacionalista no estudantado. Iso si, a unidade non
virá a través de “chamadas á unidade (...) que sexan proclamas
baleiras”.
A Liga, nos extos a debate, afirma que “a nosa organización
comprométese a traballar a prol da construción dunha única organización
nacional do estudantado galego”.
Facer fronte, sen tregua, a recortes, tesoiradas e Lomces
A Liga Estudantil Galega entende que se está a dar un auxe nas
mobilizacións por mor dos ataques e agresións que está a sufrir o ensino
público e que se plasman en recortes, tesoiradas e, moi especialmente,
na Lomce. Para unha organización que, como a Liga, avoga por “un ensino
público, galego, democrático, de calidade e non patriarcal”, prantar
cara e erger unha alternativa antagonista ao proxecto do neoliberalismo
na educación é unha prioridade.
Nos textos a debate tamén se inclúe a reclamación da sobernía como
ferramenta contra a recentralización do Estado e partindo da concepción
de Galiza como unha nación
Memoria contra o fascismo
Na asembnlea tamén houbo unha lembranza para Guillem Agulló, mozo
independentista catalán asasinado a navalladas hai 20 anos por fascistas
españois e que se converteu en todo un símbolo do movemento
antifascista no Estado español.
Ningún comentario:
Publicar un comentario