xoves, 8 de xaneiro de 2015

A CIG Ensino denuncia que a consellaría de educación incrementa en 300.000 euros os concertos co ensino privado a través de axudas das que carecen os centros públicos

A Consellaría segue coa intención permanente de desprestixiar o ensino público e favorecer o privado.

O secretario nacional da CIG-Ensino, declarou que “Mentres Educación practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado, curiosamente, mantén inalterarada desde 2012 esta partida económica que se incrementou naquel ano un 37% respecto do anterior, algo que non sucede cos fondos e recursos destinados ao ensino público, tamén no relacionado con necesidades educativas específicas, e que é especilamente denigrante nun curso que se iniciou precisamente co recorte drástico na dotación de persoal de orientación e profesorado de Pedagoxía terapéutica e Audición e linguaxe.”
No incio deste curso escolar a CIG-Ensino denunciaba que a Consellaría incrementaba o número de unidades concertadas con centros privados, incrementando así os fondos públicos para financiar empresas privadas. Pois ben a este incremento hai que sumar agora 300.000 euros máis, desta volta adxudicados por medio dunha orde, publicada hoxe no DOG, de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2014/15, unha orde que lle permite a estes centros contar cunhas dotacións das que carecen os centros públicos, como son:
  • Contratación de persoal complementario: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, intérprete de lingua de signos e coidador/a.
  • Reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores de contía non superior ao 15 % da axuda.
  • Compra de material específico ordinario non inventariable. 
Non deixa de ser revelador que estas convocatorias e adxudicen sempre en período non lectivo, a convocatoria publicouse o 26 de agosto e a adxudicación este 5 de xaneiro,  para procurar así o menor coñecemento da comunidade educativa deste destino do diñeiro público.
O secretario nacional da CIG-Ensino, declarou que “Mentres Educación practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado, curiosamente, mantén inalterarada desde 2012 esta partida económica que se incrementou naquel ano un 37% respecto do anterior, algo que non sucede cos fondos e recursos destinados ao ensino público, tamén no relacionado con necesidades educativas específicas, e que é especilamente denigrante nun curso que se iniciou precisamente co recorte drástico na dotación de persoal de orientación e profesorado de Pedagoxía terapéutica e Audición e linguaxe.”
A subvención destinada a estes centros ascende este curso a 300.000 €, 50 millóns das antigas pesetas, sendo 287.534  € para os centros de Infantil, Primaria e Secundaria e 12.466 € para os de FP, e trátase de partidas que complementan os concertos que xa recollen de por si cantidades destinadas a estas necesidades especificas, permitindo a estes centros privados contar con servizos, modificar instalacións e contratar persoal que os centros públicos, nin sequera os de Educación Especial, poden prestar ou contratar. Estamos pois ante un caso flagrante de discriminación en favor do ensino concertado.
Para a CIG-Ensino,  o feito de que a Consellaría de Educación convoque este tipo de subvencións, que veñen incrementar os fondos destinados ao ensino privado, é unha provocación e un escándalo ante os continuos recortes que está a sufrir o ensino público. Anxo Louzao manifestou que "é totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino. Desde a CIG-Ensino denunciamos esta intención permanente desta Consellaría en desprestixiar o ensino público e favorecer o privado".

Ningún comentario:

Publicar un comentario