xoves, 8 de xaneiro de 2015

amón Villares ve “perigo de creba de transmisión xeracional” do galego

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, considera que "hai perigo de creba de transmisión xeracional" do idioma galego que pode ter "consecuencias a medio prazo negativas", aínda que pensa que a súa situación "non é de alerta nin de emerxencia".
Así se pronunciou nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España, na que destacou que, dado que en Galicia "existen dúas linguas", é necesario "articular medidas que permitan que isto non sexa conflitivo" e que "o galego non sexa prexudicado por ser unha lingua menor ou con menos falantes".
Con todo, pediu "non" ser "catastrofistas" e apostou por "ser un pouco coidadoso". "O galego ten solución, vai ter futuro, pero o que pasa é que temos que cambiar o diagnóstico sobre el", sinalou.
Na súa situación, ao seu xuízo, "combínanse uns efectos negativos da concepción ilustrada de que a lingua se protexe só na escola, cuns efectos a medio prazo da disolución da sociedade tradicional galega, a rural, que era a que realmente mantivo o idioma".
Para o presidente do CCG a isto súmanse "unhas políticas públicas que foron acertadas no papel", como o Plan de Normalización Lingüística, pero que "socialmente non foron ben asumidas".
Información tirada de El Correo Gallego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario