mércores, 21 de xaneiro de 2015

Galicia, por baixo da media estatal en investigación

O país reduciu o seu gasto en I+D un 3,9% en 2013, fronte á media do Estado, que foi do 2,8 %. O número de investigadores en 2013 foi de case 9.400 e o gasto de 468 millóns.


Investigación, I+D, desenvolvemento, innovación... Estas son algunhas das palabras que, habitualmente, utiliza o presidente da Xunta cando fala de economía, e, sobre todo, do impulso da economía. Sen embargo, e tal e como aconteceu o pasado ano cos niveis de negocio da industria, a investigación en Galicia tamén é unha asignatura pendente.
E é que Galicia reduciu en 2013 sobre 2012 o seu gasto en I+D nun 3,9%, fronte á baixada media española que foi máis dun punto menos,  do 2,8%. Con todo, e a pesares das diminucións, o número de empregos, aínda que baixaron, foron menor que no conxunto español.
Así, e segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia reduciuse menos o persoal total en I+D en equivalencia de xornadas completas (EJC), un 1,3% fronte ao 2,6% conxunto do Estado. En 2013 destinouse a I+D un total de 468,7 millóns de euros, o 3,6% do investido no total español e empregou nelas 9.385,5 persoas, o 4,6% das empregos en España.
As maiores porcentaxes do gasto en I+D sobre o conxunto do Estado rexistráronse en Madrid (26,4%), Cataluña (22,8%), Andalucía (11,3%) e País Vasco (10,2 %), mentres que os máis baixos déronse na Rioxa (0,5%), Baleares (ou,7%) e Cantabria (0,8%). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario