xoves, 29 de xaneiro de 2015

PlayStation Music levará Spotify a PS3, PS4 e dispositivos Xperia

O servizo de streaming musical promovido por Sony dende hai anos, Music Unlimited, non conseguiu callar, de aí que a compañía xaponesa teña programado o seu peche para finais de marzo, e hoxe deron a coñecer o servizo que collerá o seu relevo, PlayStation Music, que estrearase en primavera en 41 mercados internacionais (entre os que figura España) cun detalle bastante rechamante: o servizo contará con Spotify como partner. Deste xeito os usuarios da PlayStation Network poderán asociar as súas contas a Spotify e terán aínda máis doado subscribirse ao servizo Premium de Spotify cos seus identificadores existentes.
Este novo servizo facilitará empregar Spotify mentres se xoga coa PlayStation 4, de xeito que a música escoitarase con normalidade en segundo plano, de xeito que durante as partidas os usuarios poderán gozar do completo catálogo con máis de 30 millóns de cancións e 1.500 millóns de listaxes de reproducións, de xeito que practicamente todos os gustos musicais estarían cubertos.
Sony dará detalles nas vindeiras semanas sobre este novo servizo, pero polo momento xa adiantan que será compatible con PS4, PS3 e smartphones e tabletas Xperia. Os usuarios que estean subscritos a Music Unlimited, servizo que pechará o 29 de marzo, poderán gozar de balde do servizo dende o 28 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario