Quen teme ao móbil feroz?
Con moita fachenda Alberto Núñez Feijóo
anunciaba en rolda de prensa “o proxecto de Decreto que desenvolverá a
‘Lei de convivencia e participación da comunidade educativa en materia
de convivencia escolar’ pola que Galicia se converte nunha comunidade
pioneira neste eido”. E como exemplo das medidas de prevención para
favorecer unha convivencia de calidade subliñaba que “o uso do teléfono
móbil na aula estará prohibido”. Por Decreto.
Moitos centros educativos galegos xa prohiben –ao alumnado- o uso dos móbiles na aula e incluso no recinto escolar. En xeral as razóns aducidas son a detección dalgúns casos de acoso polas redes sociais ou a aparición en internet de imaxes e vídeos obtidos co móbil. E eu coido que fundamentalmente –e de aí o fincapé de prohibir o seu uso nas aulas- polo temor de parte do profesorado (“inmigrante dixital” en xeral) a que o alumnado (“nativo dixital”) llela xogue ou non ser quen de controlalos se os teñen dispoñíbeis na aula. Os exemplos e anécdotas son moitos: o uso as agachadas do WhatsApp, gravar ou fotografar ao profesorado durante as aulas; ou algunha trasnada como utilizar unha App que convirte o móbil nun mando a distancia que controla o canón de vídeo da aula e así tolear ao profesor que descoñece esa aplicación. O de menos son as interrupcións por unha chamada que moi de cando en vez pode soar (e que en moitas ocasións é no móbil do propio profesor ou profesora).
Todo é prohibir. Prohibe por se acaso. Logo xa veremos como incumprir a norma. Para eso seica somos especialistas en picaresca. Profesorado e pais sabemos que o alumnado sigue asistindo ás aulas co móbil en modo silenzo (É facil comprobalo activando o bluetooth do noso dispositivo para ver os misteriosos móbiles que aparecen).
Non sería máis razoábel sermos conscientes do potencial educativo dos dispositivos móbiles, nomeadamente os Smartphones? Non sería mellor formar ao profesorado e aos pais no seu correcto uso e educar no mesmo sentido ao alumnado? Estou certo que se llo propomos, eles farían as mellores normas para o seu uso axeitado no recinto educativo. Non lle podemos dar as costas á realidade tecnolóxica do alumnado. A escola non pode ficar á marxe. Non é o aparello o que se debe prohibir, o que ten a culpa. Do mesmo xeito que non se deben prohibir os compases ou as tesouras no material escolar por medo a pincharse ou cortarse, ou acender un chisqueiro bunsen no laboratorio por medo a queimarse. Haberá que empregalo de xeito correcto!
Obviamente non é este un problema que se cinga ao noso pais. En Madrid, Extremadura e outras comunidades as autoridades educativas prohiben o seu uso. Lisa Nielsen, experta en educación e autora do blog “The Innovate Educator” e do libro Teaching Generation Text expón unha problemática semellante nos Estados Unidos hai varios anos e desenvolve liñas para convertir os dispositivos móbiles en oportunidades educativas en vez de fontes de distración e desorde: “Os educadores teñen que ceibarse do século XX e usar a súa voz dixital para axudar a preparar estudantes para o seu mundo do século XXI. Non hai que prohibir os móbiles na aula, senón incorporalos á ensinanza”.
Un dos principais argumentos é que o alumnado está perfectamente localizado na escola, e que se teñen que chamar poden facelo desde o teléfono do centro. Non nos decatamos nin profesores nin pais que realmente o de menos actualmente é usar o móbil para chamar ou recibir chamadas. Esa só é unha das funcións que hoxe en día ten un Smartphone, pero xa non é a principal.
Podería ter un neno ou nena de 6 anos un Smartphone? A nosa mente do século XX responderá inmediatamente: non! que barbaridade! Pois dependerá para que o use e o control que haxa sobre o seu uso. A pregunta sería semellante a: pode usar unha tableta, ou un ordenador portatil, ou unha Nintendo DS, ou unha Playstation, ou unha cámara de vídeo, ou de fotos, ou un reprodutor de música, ou unha axenda, ou un GPS... Con ou sen tarxeta de teléfono, con ou sen conexión a internet. Un Smartphone é todo eso en maior ou menor aproximación e moito máis. As principais utilidades dun teléfono móbil hoxe non dependen do aparello, senón do usuario. É unha tecnoloxía que en pouco tempo tense convertido en imprescindíbel para as persoas. Teñamos maior ou menor poder adquisitivo, a inmensa maioría dos galegos e galegas entre 12 e 18 anos ten un número de teléfono móbil e un aparello Smartphone con conexión inarámica a internet. Gústenos máis ou menos aos maiores, esa é a realidade. Como tamén é real que existe unha fonda transformación nos hábitos sociais, de intereses e de aprendizaxe da xente nova debido á tecnoloxía móbil. E que nos custa traballo asumilo a pais e profesorado (como tamén tivemos que sufrir as xeracións anteriores a incomprensión por “mirar moita televisión” ou “xogar aos marcianiños”).
No ano 2013 publicouse o documento titulado “Directrices da UNESCO para as políticas de aprendizaxe móbil”, resultado do traballo de numerosas persoas, organizacións e gobernos a nivel mundial. Neste documento de 40 páxinas deféndese que as tecnoloxías móbiles poden ampliar e enriquecer as oportunidades educativas en distintos contextos, ao seren case omnipresentes e de fácil acceso, e permitir o acceso á información, simplificar a administración e facilitar a aprendizaxe dun xeito novo e innovador.
O móbil permite a conexión entre persoas dentro e fóra da aula e é un dispositivo con moitísimas aplicacións, como unha calculadora científica, un dicionario con son, unha enciclopedia, unha axenda, un bloc de notas, unha cámara de fotos, unha gravadora de son, de vídeo, un xeolocalizador.
De feito xa se fala de “aprendizaxe móbil” (o termo estendido é m-learning, “mobile learning”). Este sistema de ensinanza-aprendizaxe sería a evolución das actuais TICs, combinando a educación presencial cunha conexión contínua a disposición en calquera lugar mediante os dispositivos móbiles, teléfonos ou tabletas. Xa actualmente os Blogs e as Aulas Virtuais que se utilizan en Galiza nas Universidades e en moitos centros de ensino secundario e tamén primario serían unha importante incursión neste terreo. Tamén as titorías e apoios non presenciais ou a transferencia inmediata de arquivos e documentos por email ou por WhatsApp. Ou a substitución da actual mochila pola “mochila electrónica”, chea de ebooks. Ou as posibilidades da realidade aumentada como a que nos proporcionan os códigos QR.
Antes ou despois o insostíbel e ineficaz Proxecto ABALAR de miniportátiles candados nos armarios blindados das aulas con conexións inarámicas pechadas desaparecerá e dará paso aos dispositivos móbiles persoais que o alumnado carrexará da casa á escola e da escola a onde sexa. Non queiramos pórlle cancelas ao monte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario