mércores, 14 de xaneiro de 2015

En marcha unha aplicación que planifica a dieta familiar a partir do menú da escola

Co comezo do novo ano, afiánzase no escenario das plataformas e as apps unha ferramenta que vén moi a conto para superar certos retos en materia de alimentación saudábel. A fin de contas, ano novo, vida sa. Esta á base do servizo Menuterraneus.com lanzado pola empresa do mesmo nome, unha fórmula dirixida a facilitarnos a obtención dun acadar un menú san, personalizado a medida, elaborado por profesionais da dietética e complementario co menú escolar dos nenos. Segundo informan dende a empresa, a plataforma xa acadou en cuestión de meses os 100.000 usuarios. O servizo, dispoñíbel en feitura web e en formato aplicación dende o móbil para iOS e Android, baséase nun algoritmo pensado e deseñado por expertos en dietética para conquerir un menú equilibrado baseado na dieta mediterránea.
O resultado, sinalan os seus creadores, “é unha planificación semanal personalizada que ofrece unha solución rápida e de balde ao tradicional quebradizo de cabeza das familias no que respecta a organizar as comidas dos nenos, sobre todo cando se expón a necesidade de complementar o menú escolar co de toda a familia”. E engaden: “O noso servizo permite que cada usuario personalice o seu menú e mesmo ofrecemos a posibilidade de que nos envíen escaneado o menú escolar para que llo introduzamos no sistema se non queren facelo eles mesmos”.
Menuterraneus.com pon a disposición dos seus usuarios unha receita de todos os pratos que suxire, con formato de máxima sinxeleza (arestora conta con máis de 250 receitas). Ademais, cada internauta pode engadir os seus propios pratos e compartilos co resto de usuarios, creando así unha comunidade co menú familiar como fío condutor. Neste intre, Menuterraneus.com xa acumula máis de 2.200 receitas achegadas polos propios usuarios. “A fórmula do servizo”, explican os seus creadores, “é que ten a vantaxe de que se pode escoller entre diferentes tipos de perfil e tamén resulta útil para familias sen fillos ou persoas que viven soas”. Un dos puntos fortes da plataforma é que é quen de aprender do propio comportamento do usuario, de forma que a práctica continuada de incluír ou eliminar un prato determinado é interpretada polo sistema.
O portal Menuterraneus.com nace no ano 2014 como unha aplicación web e móbil e foi galardoado co premio Ruralapps pola “súa utilidade e innovación tecnolóxica no sector da alimentación”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario