Como lembraremos, o Instituto Jane Goodall promove o devandito día internacional para concienciar da necesidade de aproveitar o noso lixo tecnolóxico e de paso evitar a deterioración de valiosos ecosistemas (principalmente africanos) nos que se emprazan as reservas dos chamados minerais estratéxicos: coltán, casiterita, etc.
Así nos explica ADEGA de que vai o conto, un conto
que por desgraza tamén ten é aplicábel á nosa terra: “Na Galiza
temos tamén experiencia do que significa a minaría salvaxe, mesmo
dos chamados minerais tecnolóxicos, dos que hai xa proxectos de
exploración e explotación en marcha, ou sexa litio, estaño,
volframio e mesmo coltán que ameazan con trasladar a Galiza o modelo
de explotación salvaxe dos minerais de sangue que está a acabar
coas selvas tropicais e os grandes primates en África”.ADEGA quere colaborar e difundir esta iniciativa do Instituto Jane Goodall que aposta por reutilizar e alongar a vida dos móbiles que non empregamos xa; “reciclar os seus elementos úteis e evitar a contaminación que poden producir e de paso, apoiar as iniciativas de conservación dos grandes primates nas áreas nas que a minaría salvaxe ameaza a súa supervivencia”, engade a asociación ecolóxica galega, que tamén lembra que para colaborar na iniciativa (e sabermos a onde temos que levar os nosos dispositivos vellos) hai unha páxina web con cumprida información sobre participantes e colaboradores na campala, www.mobilizateporlaselva.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario