Inclúe sesións de reforzo para alumnos de ESO e mozos de entre 16 e 24 anos.
O Concello de Silleda concorre a unha liña de axudas da Consellería de
Educación para desenvolver programas dirixidos á redución do abandono escolar. A
iniciativa deseñada polo goberno local conta con diversas actividades e diríxese
ao alumnado de terceiro e cuarto de ESO e a mozos de entre 16 e 24 anos de idade
que abandonasen o sistema educativo, así como ás familias en xeral.
O programa, cun presuposto total de 17.000 euros, poñerá a disposición dos veciños distintas propostas formativas. Entre elas, figuran sesións de reforzo educativo, dirixidas aos alumnos de terceiro e cuarto de secundaria que menor motivación e/ou capacidade presenten, co obxecto de que adquiran competencias básicas que lles permitan rematar con éxito a etapa escolar. Serían de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
O programa considera a celebración de talleres que complementarán as clases de reforzo, coa motivación como protagonista, ou sesións específicas de técnicas como o speed reading (para mellorar a comprensión lectora) ou o mind mapping (de metodoloxía gráfica e lóxica). Técnicas de relaxación e control do estrés ou preparación das probas libres de graduado en ESO e acceso a ciclos de Formación Profesional son outras propostas do proxecto.
"É unha forma diferente de apostar pola formación dos mozos, traballar as súas habilidades, actitudes e aptitudes", explica a alcaldesa e responsable de Educación, Paula Fernández Pena, que incide no novidoso do proxecto, ao apostar por "novos métodos e formas de traballar". O municipio de Silleda non é alleo ao aumento da taxa de abandono escolar en Galicia, onde o 26% dos mozos deixan os estudos tras finalizar a ESO ou non completan o Bacharelato ou a FP.

Ningún comentario:
Publicar un comentario