Membros de cinco dos grupos tradicionais máis destacados de Galicia únense por vez primeira para gravar no estudo silledense Xonix Records un tema contra a Lomce.
O estudo Xonix Récords da Bandeira, a única discográfica dezana, foi o pasado
martes lugar de encerro de seis músicos, integrantes de cinco recoñecidas
formacións tradicionais de Galicia que decidiron unir por primeira vez a súa
xenialidade para compoñer un tema reivindicativo sobre a nova lei educativa.
Participan no proxecto: Antón Castro, de Fuxan vos Ventos; Guillerme I, de Quempallou; Bieito A., de Zurrumalla; David Nogueira e Rubén Fernández, de Alvariza; e Xosé Manuel Nogueira, de Tamparrantán. "Nunca tocaron xuntos", apunta Lolo Arincón, o responsable da discográfica. E fano agora para criticar aspectos da Lomce.
O pasado martes gravaron a parte instrumental nunha sesión que se prolongou dende as oito da tarde ata as dúas da madrugada. "Quixeron estar xuntos, e non o facer por separado, porque así achegan ideas entre todos; o bo rolo que teñen, a compenetración, nótase no traballo final", para o que aínda quedan flocos. O próximo martes será a quenda das voces, aínda por concretar.
A peza resultante, de ao redor de catro minutos de duración, podería comezar a escoitarse nas radios e por Internet a finais de mes ou, polo menos, con esa previsión traballan. Trátase de coplas "de toda a vida, que lle van gustar tanto á xente maior coma aos mozos", asegura Arincón. Á tradicional base de gaitas, tamboril e bombo, únense a trompeta, o acordeón, o clarinete ou o requinto.
O traballo, producido por Guillerme I, de Quempallou, mesturarase e masterizará tamén no estudo silledense. A intención non é outra que "intentar concienciar á sociedade para que, por medio da música, exprese a súa opinión e participe nun intento de cambio nestes tempos tan difíciles que nos tocou vivir", comenta Arincón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario