mércores, 19 de xuño de 2013

Inspección pide de novo ao colexio de Merza os datos de matriculación

O director do centro xubílase este curso e ignora se terá relevo.

A incerteza segue segue pesando sobre o futuro do colexio público da parroquia cruceña de Merza. A comunidade educativa segue á espera de que o inspector da Consellería de Educación acuda ao centro para anuncialos se seguirá activo o curso que vén ou non. Onte, o técnico da Xunta contactou co director, Jesús Pereiro, pero non para anunciarlle a súa visita senón para pedir, de novo, os datos de matriculación para o próximo curso.
"Dixo que volvería chamar para avisar cando virá", explica Pereiro, que xa hai semanas enviou á Xunta a información requirida onte. Estivo a enredar; outras veces dicía que era imposible que o centro seguise aberto, pero hoxe (por onte) non mo deu a entender", apunta, aínda que o inspector tampouco quixo ofrecerlle máis detalles.
O alcalde cruceño, Jesús Otero, mantivo tamén onte unha conversación telefónica co xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares. "Dixo que non había nada decidido", de modo que tamén o goberno local segue á espera dunha decisión. Esta debería ser inminente, tendo en conta que o curso remata esta semana, e que o director do colexio finaliza o seu nomeamento a 30 de xuño. Xubilarase en setembro tras 22 anos de docencia, e día de hoxe descoñece se terá relevo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario