A Comisión de Cultura do Parlamento Europeo demanda aos Estados membros que promovan a aprendizaxe na escola, desde preescolar, de linguas en perigo. Aproba por unanimidade un informe que insta á protección das linguas ameazadas no ensino e dá así unha labazada á lei de Wert.
Coordinado por Francois Alfonsí, eurodeputado do Grupo Verdes/ALE, no que se integra o BNG, o informe sobre as linguas europeas ameazadas de desaparición e a diversidade lingüística indica
a necesidade de que os Estados adopten as políticas e programas da UE
para apoiar as linguas en perigo, botando man dos instrumentos
comunitarios de apoio financeiro. O informe será votado no plenario de
setembro.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o informe “está na énfase coa que recomenda á Unión Europea apoiar medidas para favorecer a adquisición de dúas linguas maternas desde a infancia, citando expresamente a educación preescolar, e salientando que este tipo de programas favorece a adquisición posterior doutras linguas”.
O informe sinala que a “Unión Europea debe apoiar medidas no ámbito lingüístico para favorecer a adquisición de dúas lingua maternas desde a infancia; un programa deste tipo favorecería a adquisición ulterior doutras linguas e prestaría aos falantes de linguas tradicionais un apio concreto para revitalizar a transmisión interxeracional alí onde está ameazada”.

"Sinala que “Unión Europea debe apoiar medidas no ámbito lingüístico para favorecer a adquisición de dúas lingua maternas desde a infancia"Demanda o informe á Comisión Europea o apoio ás accións destinadas a promover as linguas ameazadas e fai fincapé na urxencia de garantir o Atlas das linguas do mundo que botou a andar a UNESCO. Contémplase neste documento que unha lingua está ameazada se non cumpre un ou varios dos criterios como a transmisión interxeneracional da lingua, o número absoluto de falantes, proporción de falantes no conxunto, uso da lingua en diferentes ámbitos públicos e privados, resposta ante os novos medios de comunicación, dispoñibilidade de materiais para a aprendizaxe e o ensino da lingua, actitudes e políticas dos gobernos e as institucións cara as linguas, actitudes dos membros da comunidade cara a súa propia lingua e tipo e calidade da documentación.
O informe sinala que a “Unión Europea debe apoiar medidas no ámbito lingüístico para favorecer a adquisición de dúas lingua maternas desde a infancia; un programa deste tipo favorecería a adquisición ulterior doutras linguas e prestaría aos falantes de linguas tradicionais un apio concreto para revitalizar a transmisión interxeracional alí onde está ameazada”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario