mbora non teña sido publicada a norma que rexerá o pagamento polo servizo de xantar escolar, o executivo galego enviou aos centros unha instrución na que fixa os prezos do mesmo. CIG-Ensino considera a actuación da Xunta como "ilegal" e "insólita".
Con data do 14 de xuño a Xunta de Galiza remitiu aos centros de ensino con comerdor escolar baixo xestión pública, unha misiva en que recolle o prezo a pagar polo servizo. Desde a CIG-Ensino denuncian que a norma que rexerá este (re)pagamento aínda non foi publicada polo que consideran a instrución da Xunta "ilegal" e "insólita".A Consellaría de Educación "non ten inconveniente en saltarse as súas propias normas de funcionamento", aseguran desde a central nacionalista "co único obxectivo de recortar dereitos e o acceso gratuíto ao comedor". Desde a CIG advirten que o obxectivo da consellaría da que é titular Jesús Vázquez procura "acelerar o máximo posíbel" a implantación "dos recortes" no servizo de comedor.
A medida promovida polo goberno de Núñez Feijóo conta co rexeitamento da oposición, dos sindicatos e das asociacións de nais e país para alén do propio Consello escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario