Os expertos en Educación da OCDE pediron a España e ao
resto e países "máis tocados pola crise económica" que os recortes
presupostarios non afecten á calidade da educación nin prexudiquen o atractivo
da función docente como profesión, segundo dixo a analista deste organismo
internacional, Gara Rojas, na presentación do informe 'Panorama da Educación
2013'.
Acompañada pola secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e
Universidades, Montserrat Gomendio, e o director de Innovación e Indicadores de
Progreso da OCDE, Dick Van Damme; Rojas afirmou que "se están a producir
recortes nos países máis tocados pola crise", onde ademais, "cada vez hai máis
estudantes", aínda que en España, este "non" foi o primeiro sector" en
sufrilos.Segundo explicou cos datos de 2011 que recolle o informe, o gasto educativo en España equivale ao 5,6% do seu PIB, cifra por debaixo da media da OCDE, cun 6,3%, aínda que o gasto por estudante está por enriba, con 9.500 dólares fronte aos 9.300 da OCDE e os 9.200 da Europa dos 21, porque a poboación nova é menor e hai tamén menos alumnos por profesor.
Neste sentido, a ratio de alumnos por proporción na ESO en España era de 10,3 en 2011, fronte aos 13,4 da OCDE e os 11,5 da UE-21. "Esta diferenza é aínda maior no caso dos centros públicos, onde a ratio de alumnos por profesor na ESO en España é de 8,9 (13,3 da OCDE). Non obstante, por grupo a ratio é maior, o que, segundo Gomendio, se debe á gran cantidade de optativas que teñen os alumnos.
Só na educacion pública, o gasto por alumno chegaba en 2011 a 9.608 dólares, un 15% por enriba, e o importe vai subindo en función e os niveis educativos, ata alcanzar 11.925 dólares por estudante (11.382 na OCDE), que se emprega nos estudos terciarios
O informe apunta que o 85% de todos os fondos para institucións educativas proceden directamente de fontes públicas (84% na OCDE) e destaca que se ben o groso destes van a centros publicos tambien, dáse "unha gran porcentaxe de centros privados dependentes do Goberno", con taxas de participación do 28% en primaria e primeira etapa de secundaria fronte ao 8% e 11% da media internacional, respectivamente.
En canto ao ámbito universitario, o informe destaca que o gasto por alumno é de 14.027 dólares, cifra que supera as da OCDE e a UE-21 (13.528 e 12.856), e forma parte do grupo de países que cobran menos taxas de matriculación, con importes que en 2011 estaban nunha media de 1.129 dólares, cun 35 por cento de bolsas ou prestamos publicos. Nos países nórdicos, con taxas e acceso á universidade moi reducidas ou nulas, a porcentaxe de acceso é do 68 ao 76%. En españa sitúase no 53%.
TAXAS UNIVERSITARIAS MÁIS BAIXAS
Segundo explica, por un lado, "maiores taxas aumentan os recursos das universidades o que axuda a manter a calidade académica", pero, por outro, "poden restrinxir a entrada na educación terciaria daqueles estudantes con menores recursos" e, se se presenta un mercado laboral "que non ofrece suficientes oportunidades, disuaden da elección de estudos que requiran longos períodos académicos, adiantando o ingreso dos mozos ao mercado laboral".Para Gomendio as debilidades do sistema español non teñen que ver co gasto, senón coa alta taxa de mozos que non chegan a titular na ESO ou da que non pasan ao Bacharelato. "As nosas deficiencias están na base", sinalou, tras recordar que segundo o informe, en 2011 o 46% da poboación menor de 64 anos tiña a ESO ou menos, 20 puntos por enriba da OCDE.
"España non só ten un problema de pouca poboación con estudos de segunda etapa de secundaria senón que ademais esta desequilibrada", explicou, en relación a que só o 8,4 por cento da poboación adulta ten estudos de FP ou grao medio fronte a 33,5 por cento da media internacional.
De feito, a taxa de graduación en Bacharelato aumentou 5 puntos dende o ano 2000 ata alcanzar o 51% en 2011 e as de FP de Grao medio pasaron do 9 ao 29%. Non obstante, na OCDE e a UE as medias son do 38% e o 45%, respectivamente.
O estudo achega outros datos, como que España é líder en escolarización de menores de tres anos, con taxas o 28,6% fronte a, 3,5% dos países da OCDE, e entre os que xa cumpriron os 4 anos a escolarización é practicamente universal; ou que en España os profesores pasan de media máis horas cos seus alumnos que no resto de países, aínda que se lles esixe menos presenza no centro escolar ao cabo do ano.
En concreto, os salarios dos profesores eran en 2011 máis altos que na media. A OCDE e tamén en comparación con traballadores doutras ramas que teñen o mesmo nivel educativo (un docente de secundaria gana un 40% máis que un traballador coa mesma formación).
Ningún comentario:
Publicar un comentario