Google anuncia que xa se poden empregar 18 novos idiomas, entre eles
o galego, no Google
Drive, o seu servizo de edición e almacenamento de documentos. Así pois, a
partir de agora non só se poderá navegar en galego polo sistema de menús, senón
que tamén se poderá empregar o corrector ortográfico e mais o tradutor de Google
cando se editen documentos no seu sistema ofimático web.
Cómpre lembrar que entre as grandes vantaxes de empregar esta plataforma en
liña figura o feito de que os documentos poden non só compartirse, senón tamén
editarse de xeito conxunto, polo que resulta ideal para a realización de
traballos en grupo en tempo real. Para poder acceder a Google Drive en galego só
temos que entrar no servizo, picar sobre o botón cunha icona de roda dentada que
facilita o acceso ao menú de Configuración e elixir alí o galego como a nosa
lingua.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e de Código Cero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario