Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez e Xabier Ron denunciaron este luns que
"o
abismo cara ao que conducen as políticas da troika aplicadas en Galicia
polo Goberno do señor Núñez tamén se sente nos colexios públicos"
e presentaron unha proposición non de lei que esixe da Consellaría de
Educación a elaboración dun plan “que detecte carencias nutricionais do
alumnado dos colexios públicos”.
“Os propios centros educativos son conscientes de que a comida
realizada no centro de ensino constitúe, en moitas ocasións, o principal
aporte nutritivo de moitas cativas e cativos”, expoñen Vázquez e Ron,
“e en nalgúns casos a única comida do día”
O plan, segundo a iniciativa de AGE, debe formularse a partir de
incluír items sobre a situación socioeconómica das familias nas
entrevista iniciais nas escolas, protocolos de colaboración entre os
servizos sociais dos concellos e os servizos de orientación dos centros
do ensino ou a realización periódica de enquisas para identificar
situacións de risco.
“Os propios centros educativos son
conscientes de que a comida realizada no centro de ensino constitúe, en
moitas ocasións, o principal aporte nutritivo de moitas cativas e
cativos”, expoñen Vázquez e Ron, “e en nalgúns casos a única comida do
día”. “A comunidade educativa atópase fondamente preocupada
polos problemas económicos que atravesan cada vez máis familias con
fillas e fillos escolarizados no ensino público”, explican.
Alternativa pide que se ofreza “un servizo de merenda a media mañá e a media tarde”
Alternativa pide, ademais, que a Xunta dote de recursos complementarios
aos colexios “onde se detecten estas carencias alimentarias entre os
alumnos” e
así poidan ofrecer “un servizo de merenda a media mañá e a media tarde”, a maiores do comedor ordinario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario