A comezos do próximo ano estará operativo o dominio .gal. Despois dun prazo de acceso restrinxido, por volta de marzo se estima que todo o mundo poderá optar ao novo dominio que identificará e visibilizará a lingua e a cultura de Galiza na rede. O presidente da Asociación Punto Gal, o académico Manuel González, defendeu que era un logro de toda a comunidade galega.
Agardan que
entre 8 e 9.000 dominios estean abertos no primeiro ano, no que se
produce unha afluencia masiva de demandas. A Asociación Punto Gal estima
que arredor de marzo estará aberta a posibilidade de acceder a .gal sen
restricións, despois de que conclúa o prazo do mes que ICANN contempla
para unha serie de marcas internacionais incluídas nunha lista
privilexiada no acceso a novos dominios. Prioridade terán tamén certos
colectivos, entidades públicas e iniciativas que traballen a prol da
lingua.
A partir de agora, a Asociación Punto Gal ten previsto iniciar campañas de sensibilización en distintos ámbitos, de maneira especial no mundo da empresa, a cultura, o ensino e a sanidade. “Queremos explicar o proceso e animar a pasar ao .gal porque estamos xogando o futuro do noso país en internet que significa moito máis, a visibilidade e a apertura ao mundo enteiro” valorou Manuel González.
Como un “acontecemento feliz” nun tempo no que non abundan, definiu Manuel González a noticia de a ICANN dar o visto bon ao dominio .gal, que o país consegue canda Euskadi, con quen fixeran fronte común, ben como con outras nacións como Gales ou Escocia.
A presentación fíxose no Instituto Rosalía de Castro de Santiago, como espazo de mozas e mozos e futuro do país, no que se impartiron as primeiras clases de informática.

"Agardan que entre 8 e 9.000 dominios estean abertos no primeiro ano"Trátase, segundo González, dun trunfo “da comunidade galega enteira”, dixo, destacando o apoio social, das fozas políticas e dos últimos gobernos da Xunta que apoiaron a iniciativa desde que botou a andar co bipartito. “O .gal vaille recordar ao mundo que existe unha comunidade que se chama Galiza e unha lingua que se chama galego”, defendeu antes de enumerar as ventaxas para a internacionalización da cultura, a lingua e o país e mesmo os beneficios económicos que a posesión do dominio propio vai conlevar. “Captaranse ingresos de fóra e vai reducir a fuxida de cartos. Contribuirá ao desenvolvemento tecnolóxico e facilitará a nosa presenza nos buscadores” enumerou.
Como un “acontecemento feliz” nun tempo no que non abundan, definiu Manuel González a noticia de a ICANN dar o visto bon ao dominio .gal, que o país consegue canda Euskadi, con quen fixeran fronte común, ben como con outras nacións como Gales ou Escocia.
A presentación fíxose no Instituto Rosalía de Castro de Santiago, como espazo de mozas e mozos e futuro do país, no que se impartiron as primeiras clases de informática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario