Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) acusa á Xunta de levar a cabo unha política “de esganamento" do ensino público no rural, unha dinámica que, sostén, verase acentuada coa Lomce. E esa modificación vai implicar a redución dos centros de ensino públicos no medio rural, asinando así "a sentenza de morte definitiva".
A Xunta admitiu, a través do secretario xeral da Consellaría de Educación, Jesús Oitavén, que modificará o mapa escolar unha vez o Congreso dos Deputados aprobe a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), sinalan desde a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).E esa modificación vai implicar, indican desde esta coalición, reducir os centros de ensino públicos no medio rural. AGE afirma que Oitavén “anticipou recortes no número de aulas e de profesores” e que tamén se referiu “á necesidade de adaptar a rede de centros á redución de alumnado dos últimos anos”. É dicir, proseguen desde esta formación, a Xunta “continuará a política de esganamento do ensino público no rural.
"A LOMCE, privatizadora, españolizadora, sexista, será, de non parármola, a sentenza definitiva de morte para o rural”
Oitavén asegurou, ademais, que dende o ano 2007, Educación pechou en Galiza 108 colexios públicos. Para AGE, esta sangría educativa e, polo tanto, social afecta sobre todo ao castigado medio rural. “E Galiza, sen o seu medio rural, non ten ningún futuro, e a LOMCE, privatizadora, españolizadora, sexista, será, de non parármola, a sentenza definitiva de morte para o rural”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario