OBXETO
Axudas para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e
material didáctico e complementario de alumnos de primaria, ESO, e
educación especial de centros sostidos con fondos públicos de
Galicia curso 2013-2014.
REQUISITOS
- Ser pai, nai ou titor ou titora legal de alumnados das características anteriormente sinaladas e non repetir curso neste ano académico excepto os e as alumnos/as de 1º e 2º de primaria que si poden repetir.
- b) Para primaria e ESO ter unha renda percápita familiar igual ou menor a 9.000€.
LUGAR DE SOLICITUDE
As solicitudes entregaranse no centro docente na que esta matriculado
o alumno ou alumna facendo unha solicitude por alumno/a e será
solicitada polo pai, nai, titor ou titora legal.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
- Primaria e educación especial: entre o 3 de xuño e o 3 de xullo de 2013 ambos inclusive.
- ESO en prazo ordinario: entre 25 de xuño e 26 de xullo de 2013 ambos inclusive.
- ESO en prazo extraordinario: entre o 2 de setembro e 2 de outubro de 2013 ambos inclusive.
- Novas incorporacións ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados: sempre que non veña dun centro sostido con fondos públicos de Galicia e, como máximo, un mes a partir do día seguinte da formalización da matrícula e sempre antes do 1 de marzo de 2014.
- Unha vez feita o centro a tramitación o sistema permitiralle xerar un vale que lle entregará á persoa solicitante.
- Si despois de 3 meses do día seguinte á presentación da solicitude o sistema non permite ao centro xerar tal vale entenderase desestimada a solicitude.
SOLICITUDE
Obterase no enderezo https://sede.xunta.es,
nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria ou descargándose en
https://www.edu.xunta.es. e ademais, indo directamente ó enlace da solicitude https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B .
A solicitude entregarase xunto á documentación necesaria
relacionada nesta orden.
CONTÍA DAS AXUDAS
Educación primaria:
- Familias monoparentaris:
- Renda percápita familiar ata 6000€: 170€
- Renda percápita familiar desde 6000,01 ata 9000: 90€
- Resto das famlias:
- Renda per cápita familiar ata 5400€: 170€
- Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000: 90€
Educación Secundaria Obrigatoria:
- Familias monoparentais:
- Renda percápita familiar ata 6000€: 180€
- Renda percápita familiar desde 6000,01€ ata 9000€: 104€
- Resto das familias:
- Renda percápita familiar ata 5400€: 180€
- Renda percápita familiar desde 5400,01€ ata 9000€: 104€
As axudas
serán sempre por cada un dos alumnos ou alumnas que teñan dereito.
Educación especial:
- Matriculados/as en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios así como aqueles/as alumnos/as que presenten unha discapacidade igual ou superior ao 65%: 250€ con independencia da renda percápita.
RENDA PERCÁPITA POR FAMILIA
A renda percápita por familia obtense dividindo a renda familiar
entre o número de membros da unidade computables.
Computarán por dous os membros da unidade familiar con
discapacidade iguao ou superior ao 33% ou pensión de incapacidade
permanente tanto de Reximen Xeral como de clases pasivas.
No caso de violencia de xénero queda excluido do cómputo de rendas
o a´gresor, considerándose a familia como monoparental para
determinar a renda percápita.
Terase en conta o exercicio fiscal 2011 tendo en conta os fillos
nacidos, adoptados ou acollidos despois desta data.
UNIDADE FAMILIAR
Conforman a unidade familiar:
- Pais ou nais, non separados legalmente, titor ou titora ou persoa encargada da garda e protección do menor.
- Fillos ou fillas non emancipados menores de idade.
- Fillos ou fillas solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.
En caso de non existir vínculo matrimonial a unidade familiar estará
formada por pai, nai e todos os descendentes que convivan con eles e
reunan os requisitos anteriores.
ADQUISICIÓN DE TODO O MATERIAL
Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale, poderá
adquirir os libros e material escolar no correspondente
establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que
figura no documento.
O solicitante nunca deberá asinar e entregar o vale antes da
recepción do material.
Os vales deberán ser entregados nas librarías o antes posible e o
prazo remata o día 7 de abril de 2014.
COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS
Serán compatibles con calquera outra axuda coa mesma finalidade
sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos libros e
materiais subvencionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario