Sete cidades galegas acolleron outros tantos actos públicos, organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, para dicir non á Lomce a través de actuacións músicais, lecturas de textos, intervencións...
Mini e Mero na Coruña. Teresa Moure ou Suso de Toro en Compostela. Foron só algúns dos centos de participantes activos nos actos desenvolvidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en varias cidades galegas (Vigo, Lugo, Ourense, Compostela, A Courña, Vilagarcía, Pontevedra) contra a lei da 'wertgoña'. Houbo actuacións musicais, lecturas de textos, actividades varias e diversas. Todas cun mesmo obxectivo ao longo e ancgho do país: Mostrar o rexeitamente non só da comunidade educativa senón da cidadanía a unha lei "elitista, privatizadora, sexista e españolista".>
Os actos decorreron no marco das actuacións, mobilizacións e protestas que se están a realizar en Galiza para pedir a retirada da lei impulsada polo Partido Popular e que supón un "ataque en toda forma" contra o ensino público.
Video do acto en Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario