"O que está a facer a Xunta parécenos de impresentables", di o voceiro do BNG
de Vila de Cruces, Xoán Blanco, ante a falta de resposta da Consellería de
Educación sobre o posible peche do colexio de Merza. Considera "unha falta de
respecto" que desoia a petición urxente de reunión solicitada por toda a
corporación local. O nacionalista cre que "quere dar a calada por resposta para
chegar a unha política de feitos consumados". Esixe que a Xunta convoque a
reunión prometida para coñecer os argumentos a favor do mantemento do servizo.
Se non o en breve, pedirá o cesamento "da persoa responsable".
Pola súa banda, a representante dos pais no consello escolar, Belén Casal, mantén a esperanza. "É o último que se perde; seguiremos loitando", di.
Pola súa banda, a representante dos pais no consello escolar, Belén Casal, mantén a esperanza. "É o último que se perde; seguiremos loitando", di.
Ningún comentario:
Publicar un comentario