O PSOE difundiu un novo vídeo no que mostra o seu
rexeitamento á Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación (LOMCE),
coñecida como Lei Wert, e, en concreto, ao recorte de bolsas que, ao seu xuízo,
deixa en "unha situación dramática" a miles de mozos españois que non poden
pagarse os seus estudos.
No vídeo, no que se ven imaxes dos deputados do PP aplaudindo na súa bancada
do Congreso mentres soa de fondo o pasodobre 'Suspiros de España', os
socialistas denuncian que os 'populares' recortan en bolsas "celebrando a faena
como Deus manda: cada un no seu sitio; os seus fillos téñeno seguro, mentres os
demais poden emigrar,".O vídeo, que conclúe cos hashtags #BecasSí, #LeyWertNO, pódese ver en 'www.psoe.es', 'www.psoetv.es' e en http://www.youtube.com/watch?v=TzfiOvXvMqI&feature=youtu.be, segundo especifica a formación de Alfredo Pérez Rubalcaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario