O colectivo Movemento Dezao polo Ensino Público realizará durante este mes
novas protestas en contra da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa
(Lomce). Será un acto máis festivo e cultural que os realizados anteriormente,
como explica un dos vogais, Samuel Malvar. Movemento Dezao intégrase na
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, polo que en setembro participará
na marcha da comunidade educativa a Santiago que organiza a devandita plataforma
e que partirá de varios puntos de Galicia.
Ademais, o Movemento Dezao está pendente dos claustros e consellos escolares que se celebran nestes últimos días de curso, con vistas a que apoien o seu manifesto contra a Lomce. Os plenos dos seis concellos da zona tamén debaterán nunha moción o rexeitamento á tamén coñecida como Lei Wert.

Ningún comentario:
Publicar un comentario