Non todo é música nos festivais do verán. Por segundo ano consecutivo celébrase no Courel o Festival dos Eidos, un festival literario que se celebra esta fin de semana organizado pola Fundación Uxío Novoneyra.
A Fundación Uxío Novoneyra organiza o
Festival dos Eidos, festival literario que se levará a cabo os días 13,
14 e 15 de agosto, en diferentes emprazamentos da aldea de Parada do
Courel, desde a casa do poeta, sede da fundación no Souto da Rubial,
celebrando a súa recente declaración como conxunto de “Árbores
Senlleiras” de Galicia, e dentro da rede europea “Litfest: Literature
for Life” de festivais literarios en zonas isoladas, dependente da
iniciativa comunitaria Erasmus+.
Durante os tres días da programación do festival haberá recitais poéticos (con Oriana Méndez, Antón Blanco, Vicente Reboleiro e Branca Novoneyra), música (con Cinta Adhesiva, Blues do Pais, Voltem, Terra Morena e Rulassie Selektah), teatro en homenaxe a Manuel María (con Lucecús), a exposición “Os últimos labregos” de fotografías de Federico García-Cabezón, demostracións de xogos populares e artesanía galega, e obradoiros de leitura e de micromecenado (da plataforma Ith Crowdfunding).

Ningún comentario:
Publicar un comentario