Dende
onte Windows Update está comezando a permitir que os usuarios poidan instalar
unha “Actualización de características a Windows 10, versión 1607”, que vén
a ser a esperada Actualización de Aniversario de Windows 10, que tanto podemos
instalar como actualización ordinaria (cun proceso máis lento do habitual, xa
que realiza grandes cambios no sistema) ou incluso optando por crear un disco
DVD ou USB a través da descarga
da súa imaxe ISO ou empregando a ferramenta de creación de
medios (que asístenos no proceso para crear unha unidade de instalación de
Windows 10). A principal vantaxe da creación dun medio externo de instalación é
a posibilidade de aproveitalo posteriormente en caso de incidencias.
Está actualización de Windows 10 está chea de novidades que van dende melloras
de seguridade (como a posibilidade de programar o Windows Defender para buscar
malware no noso equipo periodicamente ou permitir a identificación biométrica
en aplicacións e páxinas web) até detalles de interface (cunha reorganización
do menú de inicio para facelo máis claro para o usuario).
Unha das novas características máis destacadas por Microsoft é a nova aposta
por Windows Ink, ou sexa, un maior aproveitamento de dispositivos tipo stylus, de xeito que a tinta pasa a formar parte do sistema,
permitindo así a creación de recordatorios tipo Post-It; facilidades para poder tomar notas, facer esquemas ou
debuxar unha idea; e a posibilidade de que algunhas aplicacións abran a porta á
realización de anotacións a man (como
o uso de anotacións manuais en Office, pintar sobre páxinas web en Microsoft
Edge e poder debuxar rutas en Mapas).
Aínda que as novidades a nivel de produtividade son moitas, a actualización de
Windows 10 non esquece o lecer, e introduce o programa Xbox Play Anywhere, de
xeito que os novos xogos de Microsoft que merquemos para Xbox One tamén poderán
xogarse en PC sen custo adicional (conservando os progresos entre ambas
plataformas) e outras medidas deseñadas para achegar a plataforma Xbox a Windows
10.
Pero unha das novidades máis visibles e destacadas é o feito de que o navegador
Microsoft Edge incorpora extensións, o que permítelle, por exemplo, gozar das
vantaxes dos bloqueadores de publicidade máis populares, facilita a tradución
automática de páxina web ou incluso axiliza a interacción con servizos como
Pocket. Espérase en que pouco a pouco vaian incrementándose o número de
extensións dispoñibles, de xeito que supérase así un dos principais atrancos
para a adopción deste navegador de magnífico rendemento.
De cara aos desenvolvedores e administradores de sistemas tamén hai unha novidade
que resulta moi atractiva, como é a integración de Bash, o que permite empregar
a sintaxe propia de sistemas Linux para introducir ordes no sistema (e incluso
instalar paquetes).
O sistema de notificacións e Cortana tamén inclúen moitas novidades, resultando
especialmente atractiva a sincronización de notificacións entre móbiles e escritorio,
que por desgraza no caso de Windows 10 combinado con Android está limitada polo
feito de que a aplicación de Cortana para Android polo momento só está
dispoñible en inglés, polo que haberá que agardar para poder gozar desta
interesante funcionalidade en España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario