mércores, 31 de agosto de 2016

Ideas novas para a cultura da man de Paideia

Os modos de facer do mundo do emprendemento tamén está a chegar á cultura. Esta sexta feira celébrase en Noia o ‘Demo-day’, un evento no que se presentarán 7 dos 21 proxectos culturais que se crearon durante o programa de formación posto en marcha pola Fundación Paideia e a EOI. E un festival na comarca.

Será o 2 de setembro en Noia, cando os proxectos fraguados ao abeiro do programa ‘2Work, Formación en Industrias Culturais e Creativas’, se presenten en público logo dunha formación de 5 meses organizada pola Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial, que contou coa presenza de profesionais recoñecidos como Jürgen Müller (Director Artístico de La Fura dels Baus), Javier Limón ou Lourdes Fernández, Directora da Alhóndiga de Bilbao.
Festival Interritmos
Alén dos seus propios proxectos, os alumnos do programa crearon o Festival Interritmos - Ritmos na Ría que se celebra do 2 ao 4 de setembro nos concellos de Porto do Son, Noia e Outes e que contará con actividades de diferentes disciplinas como a música, ou as artes escénicas e audiovisuais. Desde o pop dos vigueses Eladio y los Seres Queridos, ao cabaré de Nelson Quinteiro, pasando por obradoiros de carpintaría de ribeira en colaboración co Museo do Mar, entre outras cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario