- Impúxose unha involución educativa denominada LOMCE.
- Atacouse a democracia escolar quitando competencias aos Consellos Escolares.
- Hase ninguneado á comunidade educativa de forma constante, chegando en ocasións mesmo ao insulto da mesma.
- Infrinxiuse o dereito á participación real e efectiva da comunidade educativa.
- Tentouse enfrontar ao profesorado coas familias e o alumnado.
- Hase criminalizado ao alumnado e a quen defendo o seu dereito á educación.
- Rompeuse o principio de equidade na educación.
- Eliminouse o dereito a unha igualdade de oportunidades real e efectiva.
- Vulnerouse a gratuidade da educación obrigatoria.
- Aumentáronse as cocientes nas aulas da escola pública.
- Recortáronse aproximadamente 10.000 millóns de euros en educación.
- Pecháronse unidades e centros públicos como consecuencia de procesos de privatización da educación.
- Perdéronse uns 60.000 docentes na escola pública.
- Regaláronse fondos públicos ás empresas privadas de educación.
- Expulsouse alumnado do ensino e transvasado parte do mesmo á privada.
- Inventáronse novos itinerarios para a segregación temperá e novas vías, como a Formación Profesional Básica, para a súa expulsión do sistema e sen posibilidade de titular.
- Reducíronse os recursos para atender as necesidades educativas especiais dun alumnado especialmente vulnerable.
- Elimináronse programas que estaban a funcionar moi ben en beneficio do alumnado que máis os necesitaba, por exemplo, a diversificación curricular ou os PROA.
- Ideoloxizouse o currículo escolar.
- Pervertiuse o concepto de bolsa para que deixen de recibila quen máis as necesitan.
- Incrementáronse exponencialmente as taxas universitarias.
- Recuperouse un sistema de reválidas que formaba parte dun sistema predemocrático.
- Atacouse ás linguas cooficiais, nunha defensa tan casposa como equivocada do castelán, mentres que se relegaba a este fronte ao inglés mediante un falso billingüismo.
- Recortáronse as partidas para gastos de funcionamento dos centros educativos.
- Abandonouse o mantemento dos centros educativos públicos.
- Manoseouse o concepto “pacto educativo” para buscar unha blindaxe encuberta da LOMCE.
- Potenciouse a catequese con diñeiro público e déuselle valor para poder titular e obter bolsas.
Non, este momento non se parece a calquera outro que vivísemos neste período democrático. E, por iso, non é un momento para gardar silencio confiando en que se impoñerá o sentido común e a defensa dos dereitos sociais, que foron maltratados polo goberno que segue en funcións.
Eliximos a uns representantes políticos para que busquen solución aos nosos problemas, non para que nolos provoquen. No últimos catro anos e medio, quen nos gobernaba non pararon de dinamitar os nosos dereitos, de debilitar á escola pública todo o que puideron e de deixar sen futuro no noso país aos nosos fillos e as nosas fillas, obrigándolles a emigrar en busca dun traballo e un futuro dignos. ¡Xa abonda!
Nos últimos anos as familias perdemos a ilusión e a tranquilidade. A ilusión en que os nosos fillos e fillas poderían chegar moito máis lonxe que nós, desenvolvéndose como persoas con todas as súas potencialidades, e a tranquilidade de que, con independencia da nosa situación económica, poderían elixir e construír o futuro que quixesen e conseguilo a través da educación.
Non, non é un momento calquera máis, é un momento para que as cousas cambien de verdade. Por todo iso, pola defensa do dereito á educación pública de calidade dos nosos fillos e as nosas fillas, pola defensa do seu presente e do seu futuro, queremos un novo goberno que derrogue a LOMCE, reverta os recortes e devólvanos a ilusión e a tranquilidade que nos quitaron neste últimos catro anos e medio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario