Un grupo de novos estudantes viaxarán a Irlanda para realizar prácticas en empresas coa axuda da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra presentou onte o seu último programa para mozos que xa terminaron un ciclo medio ou superior e que deciden irse durante un ano a realizar prácticas en empresas do estranxeiro, "o que lles permite adquirir maiores habilidades lingüísticas e tender esa complicada ponte entre a formación e o traballo e adquirir tamén habilidades persoais sobre todo no ámbito social xa que supón adquirir unha madurez moi importante porque teñen que valerse en por si noutro país", expresou Montse Magallanes, deputada delegada de Emprego.
O destino programado é Irlanda, concretamente Cork, capital do condado homónimo na provincia de Munster, que conta cunha poboación de 119.230 habitantes e é a segunda cidade máis poboada do país, detrás de Dublín, e a terceira da illa.
A deputada de emprego de Pontevedra e o Coordinador de Erasmus+ de Pontevedra, Joaquín Lemes, explicáronlles que beneficios e posibilidades levan esta aventura. Nesta estancia en concreto participarán 11 mozas e mozos da provincia que vivirán en Irlanda e realizarán prácticas nos diferentes ciclos de formación profesional en Comercio, Instalacións Eléctricas e Automáticas, Sistemas Microinformáticos e Redes, e por último, Administración e Xestión.
Montse Magallanes explicou que "levamos todo o ano realizando numerosas mobilidades e concedéronnos tamén da Unión Europa a seguinte mobilidade que abarca os exercicios 2017 e 2018 con estancias en diferentes zonas de Europa". Na súa opinión, estas estancias constitúen unha boa alternativa "nos difíciles momentos que aos rapaces tocoulles vivir porque os niveis de desemprego xuvenil están aí e son altísimos e esta é unha forma desde a Deputación de Pontevedra de poder botar unha man e que adquiran maiores habilidades de face a un traballo, lingüísticas e tamén sociais".
Joaquín Lemes explicou detidamente todos os pasos que deben dar os mozos aventureiros para poder chegar a Cork sen atoparse con ningún contratempo, como levar en DNI e pasaporte totalmente vixentes, o Cartón Sanitario Europea, unha copia da póliza do seguro contrato, etc. Os mozos partirán cara a Irlanda o próximo mes de setembro co obxectivo de mellorar a súa formación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario