O filme dirixido polo galego-francés Oliver Laxe atópase na lista de 50 títulos recomendados para seren nomeados aos Premios de Cinema Europeo. Seica é unha das favoritas e, ademais, hoxe cuarta feira, estréase en 37 salas de Francia.
Tras colleitar o éxito da crítica
internacional e gañar o primeiro premio na Semana da Crítica do Festival
de Cannes 2016, Oliver Laxe continúa traendo boas novas para o Novo
Cinema Galego. A coprodución 'Mimosas'
atópase nesta escolma de 50 filmes xunto ás obras españolas 'Julieta'
(Pedro Almodóvar), 'El Olivo' (Icíar Bollaín) e 'Truman' (Cesc Gay).
Pero ademais, hoxe cuarta feira estréase en 37 salas de Francia,
incluíndo cinco cinemas de París e outras cidades como Lille, Avignon,
Montpellier, Budeos, Niza... segundo vén de contar a súa produtora Zeitun Films.
A listaxe para os premios configurouse mediante a selección dun título por parte dos 20 países con máis membros na Academia de Cinema Europeo (EFA). Os 30 títulos restantes foron escollidos por un comité, composto tanto por membros da EFA como por expertos convidados como Péter Bognar (Hungría), Dave Calhoun (Reino Unido), Paz Lázaro Barquilla (España), Christophe Leparc (Francia) e Alik Shpilyuk (Ucraína). A escolma, con 33 países representados, pretende ilustrar a grande diversidade do cinema de Europa.
Os máis de 3000 integrantes da EFA votarán nas vindeiras semanas os nomeamentos para as categorías de mellor filme, director, actor, actriz e guión. Os nomeados anunciaranse finalmente o 5 de novembro no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Os XXIX Premios de Cinema Europeo terán lugar o 10 de decembro en Worclaw, Capital Europea da Cultura 2016.

Ningún comentario:
Publicar un comentario