A Feira e Festa da Música e da Arte, pregoada por Mini e Mero, reunirá a miles de fieis este sábado e o domingo en Guitiriz. Oito grupos animarán o evento, que rende homenaxe ao escritor de Outeiro de Rei.
Manuel María amaba Pardiñas, e o histórico festival guitiricense, que este ano alcanza os 37 anos de vida, quere devolverlle polo menos unha parte deste agarimo no seu ano, cunha programación na que o escritor de Outeiro de Rei estará moi presente. Estará nos máis de cen traballos premiados no XXVII Certame de Narración e Debuxo de Pardiñas e no pregón musical dos seus amigos Mini e Mero, fixado para o domingo ás 19.00 horas. E seguro que tamén se deixará sentir o seu espírito nalgunha das nove actuacións musicais previstas para os concietos dos días 6 e 7 de agosto.O sábado, serán os ritmos de sumarán as actuacións do escenario da XXIII Mostra de Instrumentos da Música Tradicional que organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, pola que o sábado pasarán, para dar o pregón e tocar os veteranos Maruxa Miguens e Pepe Romeu, dos Rosales, e o domingo o grupo Alvariza.
A asociación Xermolos, promotora do Festival de Pardiñas, sempre quixo que este sexa un encontro multicultural, polo que son moitas as actividades complementarias que se organizan nas inmediacións do balneario para darlle forma a unha cita declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.
O sábado celebrarase a tradicional carreira popular, que leva celebrándose tantos anos como o propio festival e os dous días poderase gozar dos postos de venda da tamén veterana Mostra de Artesanía.
Ademais, na Casa das Artes poderase ver a exposición Guitiriz, cara á casa, de Juan Luis Tomé.
CONCERTOS. Os tambores de Bloquinho de Xermolos, que tamén impartirá un taller de batukada na tarde do domingo, darán comezo a unha longa noite musical na que tamén se subirán ao escenario de Pardiñas os grupos galegos Banda Crebinky (22.00 horas) Anxo Lorenzo Band (24.00 horas) e Liviao de Marrao (04.00 horas), un recital de ritmos producidos na terra que será interrompido puntualmente por unha das actuacións foráneas que inclúe o cartel deste ano, a do veterano grupo andaluz RareFolk (02.00).
O domingo a presenza galega no festival farase notar por partida dobre. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre abrirán a segunda e última noite de concertos, que se encargarán de pechar os integrantes de Fanfarria Taquikardia, os mesmos que amenizarán os tradicional pasacalles matutino polo recinto do festival que supón a sesión vermú de Pardiñas.
Entre medias, haberá tempo para os segundos invitados de fóra das fronteiras galegas, os irlandeses FullSet.
MOSTRA DE INSTRUMENTOS. animación musical sumaranse as actuacións do escenario da XXIII Mostra de Instrumentos da Música Tradicional que organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, pola que o sábado pasarán, para dar o pregón e tocar os veteranos Maruxa Miguens e Pepe Romeu, dos Rosales, e o domingo o grupo Alvariza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario