Sada (A Coruña) acolle esta fin de semana unha feira de produtos certificados, en colaboración con Craega
A agricultura ecolóxica mantén o seu ritmo de
crecemento en Galicia, pasando de case 800 operadores en 2015 aos
aproximadamente 900 no que vai de ano.
Así o asegurou a vicerpresidenta do consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Rocío Freire, na presentación da Feira Ágora Verde que acollerá Sada (A Coruña) esta fin de semana.
Na súa presentación, Rocío Freire indicou que estas iniciativas buscan achegar "os produtores máis pequenos aos consumidores", ademais de dar a coñecer estes "as vantaxes dos produtos ecolóxicos".
Deste sector, destacou o crecemento "espectacular" nos últimos oito anos. Así, dixo que, de 10.000 hectáreas certificadas, se pasou a 20.000 certificadas o ano pasado.
Tamén remarcou que, dende 2008, triplicouse a facturación destes produtos, "chegando aos máis de 33 millóns de euros en 2015". Especialmente, destacou o aumento de operadores. Así, dixo que, fronte aos case 800 que había en 2015, "no que levamos de 2016 son sobre 900, unhas 200 industrias e o resto produtores primarios", expuxo.
FEIRA EN SADA
Pola súa banda, o Concello de Sada remarcou que a feira busca "fomentar o consumo saudable", "concienciar" á cidadanía, pero "tamén dinamizar" o comercio sadense.
A feira, á presentación da cal asistiron o alcalde de Sada, Benito Portela, e o concelleiro de Promoción Económica, Liss Becerra, contará con produtos ecolóxicos de licores, ovos, queixo, castaña, marmeladas, zumes, carne, plantas culinarias, medicinais e aromáticas ou flores comestibles, ademais de produtos apícolas, entre outros.
Xunto a talleres para nenos e xogos tradicionais, haberá degustacións gratuítas. Ademais, o sábado día 6, de 20,30 a 21,30 horas, poderase gozar de cócteles con alcohol e sen alcohol.
Á feira, confirmaron a asistencia unha vintena de produtores procedentes de localidades como Xinzo de Limia, Quiroga, Malpica, San Sadurniño e Chantada, entre outros municipios galegos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario