Case un cento de nenas e nenos de Ourense (de idades
comprendidas entre os 8 e os 15 anos) participaron do Campamento
Tecnolóxico ICC Kids que se celebrou os días pasados na cidade
(durante o mes de xullo). A actividade, desenvolvida en La Molinera,
estivo moi centrada no lecer, pero facendo fincapé no uso das novas
tecnoloxías tanto dende un punto de vista lúdico como tamén
educativo. O
acto de peche desta primeira edición do campamento celebrouse o
pasado sábado 30 e xuntou non só aos nenos participante senón
tamén aos monitores, ás familias e aos principais representantes
das entidades implicadas na organización da actividade: o Concello e
a Deputación de Ourense.
O seu obxectivo foi fomentar a vocación
tecnolóxica, innovadora, científica e investigadora da rapazada. Os
obradoiros incluídos no programa centráronse (por exemplo) en
introducilos nos segredos do deseño de aparellos tecnolóxicos, na
construción de robots, no manexo de impresoras 3D ou no
desenvolvemento de videoxogos, entre outras cousas. Asemade, a achega
de actividades abrangueu sesións sobre fotografía, técnicas
stop-motion e vídeo-mapping. Segundo informou a organización, “unha
das grandes finalidades do campamento foi fornecer ás familias un
programa alternativo de actividades, obradoiros abertos á
experimentación das nenas e dos nenos coas novas tecnoloxías e as
artes dixitais”. E engadiron dende La Molinera: “A través destas
experiencias sorprendentes e co xogo e a curiosidade como motores, os
pequenos aprenden de forma interactiva e indagando en equipo á vez
que se converten en artistas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario