Aida González e Atenea Luana, da Universidade de Santiago, forman parte do Club de Debate Compostela. É a primeira vez que un equipo do Estado español gaña este campionato.
A presenza de equipos galegos foi notable ao longo de todo o torneo, chegando a clasificarse para as últimas roldas tres dos 9 equipos da delegación galega, de entre os máis de 100 equipos chegados de todo o mundo: Manuel Fernández e Paula Rodríguez (do Club Debate Compostela), Iván Olmos e Adrián Lijó, e as ganadoras, Aida González e Atenea Luana Martínez. Todos eles membros e ex-membros do Club Debate Compostela e da USC.
Este Campionato Mundial Universitario de Debate tivo lugar os días 24 de xullo a 1 de agosto de 2016. Naceu en 2011 como a versión hispanofalante do `World Unviersities Debate Championship´ anglosajón, con máis de 40 anos de andadura. Deste xeito, o CMUDE é a maior e máis importante competición de debate en fala hispana, enfocada desde, por e para os estudantes universitarios, e ten lugar anualmente cada verán nunha Universidade.
O formato da competición é o chamado British Parliament (BP) ou formato parlamentario, no que en cada debate participan catro equipos exercendo dous deles os roles de goberno e os outros dous os roles de oposición, para argumentar sobre unha moción dada quince minutos antes de que comece o debate, informa a USC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario