CIG Ensino anuncia que presentará un recurso contencioso administrativo perante o TSXG polo que entende que é un desvío de fondos públicos cara á privada. Entre os centros que resultan beneficiados están os que segregan alumnado en función do xénero.
                        
                        A Consellería de Educación aproveita, máis un
 ano, o período de vacacións, para incrementar os concertos coa privada.
 Así o denuncia a CIG-Ensino, que informa de que o 12 de agosto o DOG publicaba unha orde deste departamento autonómico pola que se modifican
 os concertos educativos  con centros privados do curso 2016/17. En base
 a isto, no curso que vén serán 58 unidades de nova creación 
fronte ás só 16 que se suprimen, é dicir “un incremento neto de 38 
unidades,  incrementando así os fondos públicos para financiar empresas 
privadas”, denuncia a central nacionalista. “Mentres a Consellería 
continúa recortando profesorado, pechando escolas e suprimindo unidades nos centros públicos
 e se nega a cubrir as demandas feitas polos centros, segue a 
incrementar, un ano máis, o número de unidades concertadas con centros 
privados”, manifestan.
En Educación Primaria, a orde publicada recolle a creación de 11 unidades novas, mentres só se suprimen 7. En Educación Especial son 6 as unidades que se incrementan, non suprimíndose ningunha. E en Educación Infantil créanse 4 e suprímense o mesmo número e na ESO créanse e suprímense 2. De “escandaloso” cualifica a CIG o que acontece na Formación Profesional, cunha oferta de prazas “totalmente insuficiente no ensino público”. Embora esta situación, crean 20 unidade novas nos Ciclos Medios, fronte a unha soa unidade suprimida, o que é un incremento neto de 19 ciclos concertados. Nos Ciclos de Grao Superior, son 6 as unidades suprimidas, fronte ás 15 incrementadas, é dicir, un incremento neto de 9 unidades.
"Unha aberración"
Entre os centros que resultan beneficiados están os que segregan alumnado en función do xénero, “unha aberración regularizada a través da LOMCE” . A CIG-Ensino vai interpoñer recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra esta resolución da Consellaría da que afirman que é “carente de motivación e xustificación”.
                            
Ningún comentario:
Publicar un comentario