O medio rural é un espazo social, ecolóxico, económico.... Dunha gran
riqueza, cun patrimonio diverso, transmisor de múltiples valores
-culturais, sociais, naturais, laborais, etc- que constitúen a esencia
dos pobos do noso país.
Moitos son as vetas na dinamización do rural: desde o ámbito laboral ao de coidados, pasando polo formativo, social, turístico, de lecer... A este último é ao que me referirei máis fondamente.
Dende a miña humilde opinión, acredito que o rural galego existe e ten futuro, por iso, hai que loitalo e dinamizalo, e a forma é pensando globalmente e actuando localmente:
Por iso, desde as administracións públicas comézanse a dar pequenos pasos nesta dirección. Así, por seguir co exemplo de Trives, desde o concello organízanse rutas teatralizadas polo pobo, para promover o coñecemento de lugares, lendas, costumes...
O desenvolvemento comunitario, a animación sociocultural, a investigación acción participativa... Teñen metodoloxías, vieiros e recursos dos que dispomos e podemos empregar tamén para dinamizar e pór en valor o rural galego. Non estamos falando de inventar nada novo, simplemente de trocar os referentes e as latitudes: Freire, Ander-Egg, Marchioni, Lewin.... Son nomes non ditos, pero sempre presentes, no substrato do feito e por facer nestas cuestións a traballar (ou polas que loitar).
Actividades deste tipo (socioculturais, de lecer, formativas, etc.) serven para dinamizar e valorizar unha contorna rural en regresión, o que demostra que a pesares de dispor de poucos recursos (económicos sobre todo) pódese facer moito: temos o esencial, a materia prima: as persoas.
A mobilización social, o implicar á xente desde abaixo, a través da escoita activa, da posta e traballo en común, do compromiso, é esencial para que o noso rural e os nosos pobos sigan vivos moitos anos máis.

O rural galego existe e ten futuro, por iso, hai que loitalo e dinamizalo, e a forma é pensando globalmente e actuando localmenteDesde unha humilde asociación, coa vista posta máis ou menos directamente na dinamización do rural a través do lecer, a animación pódense facer un sen fin de actividades. Por poñer un exemplo, estes días, na Pobra de Trives, a Asociación Cultural A Caniceira está artellando a oitava edición do Entroido de verán: catro días –do 11 ao 14 de agosto- nos que haberá concertos, actuacións diversas, feira de artesanía, desfile de folións, xogos tradicionais, cantos de taberna, mostra de patrimonio inmaterial... Diversas actividades plantexadas para todas as idades, para o goce de todas as persoas que se acheguen, mais tamén cun obxectivo máis ambicioso: darlle vida ao pobo (aproveitando o turismo e o bo tempo) e pór en valor os recursos propios do rural, o endóxeno, o que nos caracteriza.
Na Pobra de Trives, a Asociación Cultural A Caniceira impulsa un novo Entroido de verán: catro días –do 11 ao 14 de agosto- nos que haberá concertos, actuacións diversas, feira de artesanía, desfile de folións, xogos tradicionais, cantos de taberna, mostra de patrimonio inmaterialDas edicións pasadas de eventos destas características tense comprobado que a valoración é moi positiva, tanto pola organización como polas persoas que acoden, o que é indicativo de que algo se está a facer ben apostando por esa liña.
Por iso, desde as administracións públicas comézanse a dar pequenos pasos nesta dirección. Así, por seguir co exemplo de Trives, desde o concello organízanse rutas teatralizadas polo pobo, para promover o coñecemento de lugares, lendas, costumes...
É esencial discriminar o urxente do importante e traballar por, para e con a xente, xa que durante décadas as políticas públicas (estatais, autonómicas...) foron desvertebrando e relegando o rural a un segundo planoE é que volvendo ao global, o rural ten unhas características moi concretas a ter en conta (despoboamento, illamento, envellecemento poboacional, escaseza de recursos de proximidade...), polo que é esencial discriminar o urxente do importante e traballar por, para e con a xente, xa que durante décadas as políticas públicas (estatais, autonómicas...) foron desvertebrando e relegando o rural a un segundo plano, sendo esencial e prioritario loitar e deixarse a pel polo noso rural ou en poucos anos non quedará nada.
O desenvolvemento comunitario, a animación sociocultural, a investigación acción participativa... Teñen metodoloxías, vieiros e recursos dos que dispomos e podemos empregar tamén para dinamizar e pór en valor o rural galego. Non estamos falando de inventar nada novo, simplemente de trocar os referentes e as latitudes: Freire, Ander-Egg, Marchioni, Lewin.... Son nomes non ditos, pero sempre presentes, no substrato do feito e por facer nestas cuestións a traballar (ou polas que loitar).
Actividades deste tipo (socioculturais, de lecer, formativas, etc.) serven para dinamizar e valorizar unha contorna rural en regresión, o que demostra que a pesares de dispor de poucos recursos (económicos sobre todo) pódese facer moito: temos o esencial, a materia prima: as persoas.
A mobilización social, o implicar á xente desde abaixo, a través da escoita activa, da posta e traballo en común, do compromiso, é esencial para que o noso rural e os nosos pobos sigan vivos moitos anos máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario